O Grupo Municipal Socialista de Ames considera que a forma de tramitación que o Concello de Ames demostra a nula competencia do goberno de Santiago Amor en materia económica, que neste ano e medio de mandato limitouse a culpar de todo o que acontece no municipio o anterior goberno socialista en vez de xestionar as contas do Concello. Os socialistas de Ames lembran ao alcalde Santiago Amor que á súa chegada ao goberno, a mediados do 2010, xestionou os ingresos máis importantes do ano para institución municipal (impostos directos, indirectos e taxas).
Os datos da conta xeral de 2011 demostran que a porcentaxe de execución dos ingresos foi do 58,79 %, debido a mala xestión de Santiago Amor que non soubo xestionar os ingresos dese ano e so soubo aumentar as taxas e os prezos públicos aso veciños. “Ingresos para o Concello pero que repercutían no cidadán, xa que ao señor Amor non lle importou subirlle o prezo do servizo aos veciños para que lle reportarán preto de dous millóns máis, cando deixou de xestionar preto de dous millóns e medio doutras institucións” asegura José Miñones.
Neste sentido, o Grupo Municipal Socialista de Ames di que a decisión de prorrogar os orzamentos do Concello de Ames foi única e exclusivamente do actual rexedor: “pois tivo seis meses para facer uns novos e, de feito, o primeiro que dixo a súa chegada ao poder é que prepararía uns novos orzamentos e non o fixo” afirma o voceiro socialista. A inoperancia do alcalde é tal que ata despois da comisión de contas a oposición non dispuxo do informe de estabilidade económica, “a súa falla de xestión queda amosada novamente ao non ter as contas en tempo nin tampouco os informes a presentar” asegura o voceiro socialista.
Esta inoperancia do goberno queda patente na necesidade de convocar a comisión a través dun decreto de urxencia: “é a primeira vez no concello que se convoca a comisión por urxencia con oito días. E que non se entrega toda a documentación á oposición“ asevera José Miñones. As convocatorias de urxencia e extraordinarias no Concello de Ames non fai máis que dispararse cando a materia a tratar e económica. Así sucedeu nos no plan de pago a proveedores, nos orzamentos de 2012 e volve a pasar na conta xeral do 2011. Unha actitude que non só e produto da inoperancia do Sr. Alcalde, senón tamén a súa total falta de transparencia en materia económica. “Para manter esa opacidade con respecto as contas de Ames, o alcalde non dubida en vulnerar, unha e outra vez, os dereitos dos membros da oposición, aos que sistematicamente dificulta o acceso a información a que legalmente teñen dereito como representantes dos veciños e veciñas de Ames”.