Esta Comisión foi aprobada por unanimidade, a raíz dunha moción socialista, no pleno do 27 de decembro pasado e tiña un prazo para a súa creación de 2 meses
O Grupo Municipal Socialista de Ames vén de presentar un escrito no rexistro municipal no que solicita información sobre a Comisión de Desafiuzamentos que se acordara crear durante o pleno ordinario do 27 de decembro.
Lembran que esta comisión sae como resultado dunha moción presentada polo grupo do PSdeG e na que nun dos seus puntos dicía:
“O Concello de Ames constituirá no prazo de 2 meses unha comisión entre as forzas con representación para programar a actuación do Concello, avaliando todas as posibilidades efectivas de protección da xente afectada, valorando a creación dun organismo de xestión municipal de vivenda social en aluguer como propoñía Cáritas. Esta comisión terá entre os seus cometidos a mediación entre as persoas afectadas e as entidades financeiras ou propietarios da vivenda, así como vixiar a actuación das entidades financeiras e bancarias”
Polo tanto o prazo marcado e acordado polo pleno por unanimidade xa foi sobrepasado e dada a situación actual de crise económica “cremos máis que necesario que se poña en funcionamento esta comisión con carácter urxente, porque xa nos resulta difícil de entender como o Alcalde non amosou a súa sensibilidade con esta realidade social e deixou transcurrir tanto tempo”, remarcan os socialistas.
O Concello de Ames non pode ser alleo a toda esta realidade, sobretodo cando todos sabemos que hai familias que están vivindo unha situación de desamparo total e absoluto por eso se fai máis que necesario que o concello, que é a institución máis próxima ao cidadán, lle poida prestar a xuda e asosaramento aos afectados e afectadas. Ben é certo que nos últimos meses houbo certas modificacións e sentencias –como a do Tribunal de Xustiza da UE- que protexen algo máis aos desafiuzados.
Rematan os socialistas lembrándolle ao alcalde, Santiago Amor, que vai sendo hora de que empece a respectar os acordos plenarios, porque é a súa obriga e mal camiño leva se non acata a decisión maioritaria da corporación, que non se esqueza que agora está en minoría e dificilmente poderá actuar de maneira unilateral como ata o de agora.