Nenos colexo Ames

O concelleiro de educación minte descaradamente cando afirma da imposibilidade de chegar a acordos. En ningún momento durante ás reunións se plantexou o desacordo do Goberno municipal acollendo as propostas dos outros representantes só coa condición de ver a viabilidade económica. O goberno só foi capaz de presentar unha proposta para empezar a debater e logo foron aceptando as diferentes aportacións que se lles foron plantexando. A decisión final é unilateral por parte do goberno, sen convocar novamente as partes implicadas para explicarlles os porques desa negativa e sen dar os datos económicos da proposta falada tal e como se quedara na última reunión do xoves día 4, en que o concelleiro, Bernardo Moar, se comprometera a chamar á oposición para informar da decisión a tomar e dos datos económicos resultantes.

O Grupo Socialista non entende o motivo polo que o concelleiro de Educación chamou con tanta urxencia á oposición e ás ANPAS para reunirse en numerosas ocasións. Entendemos que esa chamada era para tratar de chegar a un punto de encontro, cousa que Bernardo Moar non fixo en ningunha das catro reunións que se tiveron en tempo récord polas súas presas para poder levalo a un pleno extraordinario, tal e como nos confirmou en varias ocasións. foi o sr. Moar quen dixo que quería levar isto a pleno para aprobalo canto antes porque o prazo se lle botaba enriba.

TARDE, MAL E A RASTRAS
Unha vez mais o Goberno do PP non é quen de facer as cousas a tempo. Novamente vemos que os Concelleiros do Goberno non son quen de sacar os asuntos e a minoría do PP pasa factura á cidadanía. Esta vez tocoulle o Concelleiro de Educación, o Sr. Moar que chega tarde na súa intención de modificar o regulamento dos comedores, bos días e tardes divertidas. Tiveron meses e meses para convocar á oposición e as ANPAS a reunións de encontro, meses para falar deste asunto, meses para propoñer algunha solución… pero non foron capaces de facer nada e o tempo volveu a demostrar que o Goberno está en minoría, sen apoios, e sen ser capaz de xestionar e resolver os problemas de Ames. Ata o último momento non lle entran as presas (a 10 días da data límite) e todo se ten que facer a correr, froito da incompetencia e falta de programación dun Goberno, e desta vez dun Concelleiro.

E AGORA QUE?
A consecuencia de non convocar antes estas reunións e da incompetencia do Sr. Moar e do Goberno, é que a ordenanza agora non se cambia porque hai presas para facer a reserva de praza. Agora hai presa!!!!!. Hai varios meses que desde a oposición se lles estaba recordando a urxencia de resolver este tema. Despois do compromiso do Pleno do mes de Outubro de 2012 de convocar a oposición e as Anpas para chegar a un acordo conxunto, acórdanse no último momento de facer un maratón de reunións para xustificar que querían cumprir ese acordo. Pasaron 6 meses nos que non se fixo nada. E a solución do Goberno?… O máis cómodo… non comprometerse, non facer nada, e deixalo como estaba. Non houbo ningunha contraproposta nin información aos grupos da oposición e as Anpas, pero si dan explicacións nos medios de comunicación menospreciando a toda a xente que aportou propostas positivas que beneficiaban grandemente a maioría das famílias amienses. Todo pola incompetencia dun concelleiro e dun goberno.