Casa do Concello

Pidenlle a Amor que recapacite e presente a súa dimisión porque a situación de Paralise cada vez se agrava máis

O pasado mes de Febreiro o Grupo Socialista presentou unha moción a pleno para potenciar e mellorar o funcionamento da Radio Municipal do Concello de Ames. Dita Moción foi aprobada por Unanimidade e foron 6 os puntos que se englobaban:

Ampliar a cobertura da antena; poñer a radio en internet mediante streamming; dar presenza aos grupos políticos e os membros da corporación para intervir semanalmente, abrindo a radio aos colectivos veciñais; buscar novas fontes de financiamento; promocionar o canle da radio a través dos medios presentes no Concello; e, finalmente, crear unha comisión de traballo para facer un regulamento que permitise implementar a publicidade en Ames Radio.

Tiveron que pasar 2 meses para que Goberno municipal convocase dunha vez por todas esta comisión de traballo, logo de preguntarmos os socialistas en dous plenos e de denuncialo públicamente. Foi entón cando Santiago Amor convocou -o 30 de Abril- a comisión da radio á que asistimos o Grupo Socialista e parte dos membros dos non adscritos.

Nesta comisión poidemos comprobar a nula eficacia deste goberno e se plasmou a parálise que sufre o noso Concello dende que Ames é gobernado pólo PP e ten de alcalde a Santiago Amor. “O Alcalde de Ames en 2 meses non fixo absolutamente nada, xestión cero” en todo o relativo aos puntos anteriormente citados da moción. Nin se solicitara estudio de cobertura, nin se mirou o custe de meter a radio en internet, nin se deu o visto bó á asistencia á radio dos grupos municipais, coma así foi mentras os Socialistas gobernamos, nin se miraron novas fontes de financiamento e tampouco se meteu publicidade algunha, … ESPERPÉNTICO!!.

En 60 días o Goberno non foi quen de facer NADA en relación a este tema, coma noutros moitos, e se presentan na comisión coas mans vacías e boas palabras e intencións de comenzar a mirar cada un dos puntos … novamente TARDE …

O Alcalde nesta comisión de Abril comprometeuse a mirar a cobertura pedindo un informe e presupostos, a ver o do streaming, a ver cos técnicos o tema do regulamento interno da radio, a falar con outras emisoras para ver o do financiamento e a meter a publicidade necesaria. Case un mes despois non temos nova algunha de cada un destes asuntos mostra da falta de compromiso deste Alcalde. O Grupo Socialista ademais meteu un escrito ésta mañá solicitando información dos trámites levados ata o día de hoxe.

Xa van case 3 meses e o Goberno Amiense non é quen de mover un tema tan sinxelo coma este, o que evidencia a parálise que estamos a sufrir en Ames. Non son poucos os temas abertos e pendentes que ten este Goberno que se empeña en non admitir a ineficacia do seu traballo e a imposibilidade de gobernar un Concello como o de Ames en minoría e con tan solo 5 concelleiros/as.

A COMISIÓN DE DESAFIUZAMENTOS OU OS GRUMIR OUTROS EXEMPLO DA PARÁLISE

Mostra desta parálise non é solo o que hoxe denunciamos aquí, senón o temos tamén na comisión de desafiuzamentos que foi aprobada por unanimidade gracias a unha Moción Socialista que xa presentamos no mes de Decembro, e que un dos puntos máis importantes era a constitución de dita comisión que nun prazo de 2 meses tiña que ser constituída; e reunímosnos por primeira vez o 25 de Marzo a raíz dunha nota de prensa que saca o Partido Socialista reclamando a súa constitución. Houbo unha segunda reunión o 15 de Abril donde se quedou xa de dar traslado tanto a Cáritas como a Stop Desahucios e Arquitectos sin Fronteiras para xa convidalos a próxima reunión e dunha vez por todas constituír a comisión, pero non foi así ata que esta semana novamente saltou un caso concreto de Milladoiro na prensa. De todas formas aínda que 5 meses despois, nos felicitamos de que entre as forzas políticas e os distintos colectivos afectados conseguíramos poñer em marcha esta comisión para axudar a aqueles veciños do noso Concello que o necesiten. O Grupo Socialista ven reclamando nestas 3 reunións que se faga unha campaña para que a xente saiba e coñeza esta comisión e que sepan a dónde teñen que acudir, así como tamén vimos solicitando información actual de todas as casuísticas que existen no noso Concello, sobre todo como ven denunciando Cáritas Milladoiro os casos de desafiuzamento por aluguer.

Tamén o podemos ver na tardanza da sinatura do convenio dos Grumir con Brión, 5 meses despois de comenzos de ano; ou na falta dos orzamentos do presente ano, a pesares de que o Alcalde, unha vez máis, afirmase no mes de Marzo que estaría en 1 mes; ou na inoperatividade das comisións informativas e dos plenos coa composición actual de asistencia; ou na ausencia de avances na comisión da auga da que tamén estamos esperando que se nos de a información necesaria, etc… Un sen fin de asuntos pendentes sen resolución que se amontonan nos despachos dos concelleiros e aos que non se lles da saída.

Para o Grupo Socialista o Alcalde de Ames debe recapacitar e dar o seu brazo a torcer presentando a dimisión do seu cargo, porque a parálise a que aboca a este Concello é absoluta e co tempo se agrava cada vez mais.