O portavoz socialista, José Miñones, considera necesario recibir información e “ as explicacións oportunas que vimos solicitando” porque non entende que exista tanto secretismo.

Desde o día no que o goberno que presidíe Santiago Amor, e do que naquel momento formaba parte Ramón G. Argibay, decidíu cambiar a xestión dos impostos municipais xurdiu unha nube de dúbidas sobre as que os Socialistas de Ames levamos meses preguntando de maneira reiterada e, desgraciadamente, a día de hoxe aínda o alcalde non foi capaz de aclararnos. En principio este cambio ía a supoñer un importante aforro para as arcas municipais, aforro que nós desde o principio puxemos en dúbida e demostramos, xa que a xestión tributaria da Deputación Provincial non se ía a encargar de todos os impostos ou taxas e deberían de ser os empregados municipais os que tiveran que realizalos. Ademais de xa ter denunciado e que os servizos que prestaba a anterior empresa serían drásticamente reducidos, tanto no número de oficinas como no horario de atención ao público.

Pero, o que nos causa máis sorpresa é que a piques de rematarse o mes de maio aínda siga a anterior empresa (GTT) prestando os seus servizos nas oficinas de racaudación que ten a Deputación Provincial en Bertamiráns. Co cal, na actualidade “o aforro que, segundo o alcalde e Argibay, ía a supoñer que a Deputación se encargase das competencias tributarias, onde está? Canto é? …” pregúntase portavoz socialista. Ademais de amosar o seu asombro ante a situación e a falta de información do concello, “a pesares que en reiteradas ocasións lle estamos trasladando escritos para que nos informe da situación real da recadación”, resalta José Miñones.

O pasado día 8 de maio aínda remitimos novamente un escrito no que solicitabamos a seguinte información:

⎯ Situación da xestión do ICIO, das licenzas de apertura e outros servizos.
⎯ Cales son os motivos polos que GTT sigue a estar traballando nas oficinas da Deputación neste mes de Maio?. Prorrogoúselle o contrato á empresa GTT?
⎯ Cal é o custo que supón mensualmente dende o 01/01/2013 os traballo que GTT está a levar a cabo para o Concello de Ames?
⎯ As protestas por rexistro acerca do servizo de recadación ou o horario de apertura das oficinas.
⎯ Número de multas de tráfico tramitadas polo concello dende os comezos do ano 2013.

E como vén sendo habitual o goberno de Ames da a calada por resposta, e “aos Socialistas de Ames todo este silencio e tanto ocultismo preocúpanos e danos que desconfiar”, recalca Miñones. Por eso, lle solicitamos ao alcalde publicamente que informe de todo o relacionado coa tramitación dos impostos, xa que “é necesario ter claro e coñecer en profundidade como se desenvolveu o cambio na xestión e cales son os motivos reais polos que se procedeu ao mesmo”, e despois de transcurridos máis de medio ano desde que se aprobou en pleno (25 de outubro de 2012) delegar as competencias tributarias na Deputación Provincial de A Coruña “cremos que proceden as explicacións oportunas e que vimos solicitando, xa que non entendemos tanto secretismo” remarca o portavoz municipal.

E como nos imaxinamos que por parte do goberno que preside Santiago Amor, non haberá nada que agochar e seguramente estarán interesados en explicar con pelos e sinais todo o proceso de cambio na xestión tributaria, pedímolle que “convoque antes do remate do actual mes unha xuntanza na que se explique pormenorizadamente como se atopa a recadación, os medios cos que se conta, os importos e taxas das que se van a xestionar, o custe total do cambio, como se vai a realizar a atención ao público, etc.“ , conclúe José Miñones.