Paco Villaverde

Villaverde asume o cargo co “ánimo necesario para traballar e defender os intereses dos veciños e veciñas de Ames, sendo consciente de que este é un momento moi difícil pola situación económica e política que estamos a vivir”

O actual Secretario Xeral dos Socialistas de Ames, Francisco Villaverde, pasará a formar parte do Grupo Municipal Socialista en substitución de Patricia Conde, que ata este pleno foi concelleira e decidíu presentar a súa dimisión por motivos personais ao non ter o tempo necesario para poder dedicarlle á súa tarefa como concelleira.

Lembramos que Francisco Villaverde xa foi concelleiro en Ames na anterior lexislatura (Cultura e Deportes) e alcalde de A Baña (1979-1995), e ocupa a Secretaría Xeral dos Socialistas amienses desde o mes de setembro do pasado ano.

Francisco Villaverde afirmou que asume o cargo co “ánimo necesario para traballar e defender os intereses dos veciños e veciñas de Ames, sendo consciente de que este é un momento moi difícil pola situación económica e política que estamos a vivir”. Pero, “precisamente é nestes momentos cado fai falta dar un paso ao frente e asumir as responsabilidades que a un lle tocan”, sentencia Villaverde.

RENUNCIAS NA LISTA SOCIALISTA
Explican os Socialistas de Ames que a dimisión de Patricia Conde foi algo que estaba previsto e coa que se contaba desde fai tempo, e polo tanto entra dentro da normalidade máis absoluta, e non se materializou antes foi debido á convulsa situación política que se estaba vivindo en Ames, na que as divisións existentes dentro do Partido Popular ocasionaron que se tivese que ir retrasando a substitución, ademais de ter que ir contactando cos seguintes membros da lista para coñecer a súa disponibilidade.

“Neste momentos o Grupo Socialista necesita unha dedicación case plena”, explica o que vai ser novo concelleiro socialista, e “esa é a razón principal que se tivese que moverse a candidatura”. “A situación actual de Ames é un goberno en minoría cun alcalde e un grupo de goberno inoperante e sen capacidade para xestionar o día a día municipal, e polo tanto é o momento de ser responsables e de implicarse ao máximo na política local”, conclúe Francisco Villaverde