Segundo nos informaron os pais e nais dos alumnos das unitarias de Agrón e Covas que Educación as quere pechar, e avisaron poucos días antes de que remate o curso.
Ao ter coñecemento deste anuncio da consellería puxémonos en contacto con Vicente Docasar, parlamentario autonómico do PSdeG-PSOE, para que na comisión de Educación que se celebraba hoxe pola mañá no Parlamento se interesase polo tema, sen que ninguén lle dese resposta á súa pregunta.
Aos Socialistas de Ames o peche parécenos unha medida baseada unicamente no afán “recortador” do Partido Popular que carece de calquera tipo de estudio ou informe técnico que poida respaldar esa decisión, máis se temos en conta que para o vindeiro curso veríanse incrementados o número de alumnos e alumnas, incluso chegando a dobrar o deste curso na unitaria de Covas, que pasaría de 7 nenos/as a 14.
Ademais esta decisión de pechar causaría outro importante trastorno no CEIP de Barouta, o cal xa está masificado.
Amosarlles, polo tanto, todo o noso apoio aos pais e nais de ambas unitarias e poñernos á súa disposición para o que necesiten.