Paco Villaverde: “Para esta dirección o máis importante é poder estar en contacto permanente cos veciños e veciñas, e non cabe dúbida que hai que aproveitar o potencial que nos presta internet e as redes sociais”
www.socialistasdeames.com é o dominio para acceder á nova web.
O PSdeG-PSOE de Ames vén de actualizar e modernizar a páxina web coa que desde fai varios anos informa da súa actividade, tanto da Executiva Local como da do Grupo Municipal Socialista. Desde o ano 2008 conta o PSdeG de Ames de páxina web, a cal foi modificada no ano 2011 de cara ás eleccións municipais.
Esta nova actualización da web obedece fundamentalmente a unha adaptación aos novos tempos e ás novas ferramentas existentes na rede, e para unificar e conectar todas elas nun único espazo. “Os Socialistas de Ames apostamos firmemente polas novas tecnoloxías da comunicación e por eso decidimos, nesta nova etapa facelas máis accesibles e modernizar a nosa páxina web”, explica Paco Villaverde, o Secretario Xeral dos Socialistas de Ames. Así mesmo, con está páxina máis accesible visualmente queremos estar máis en contacto coa cidadanía de Ames, e crear unha interactuación permanente, xa que a nova web sirve para que dunha maneira doada os amienses que o desexen poidan transmitirnos información, suxestións e participar activamente, da maneira que eles consideren máis oportuna, co Partido Socialista. “Para esta dirección o máis importante é poder estar en contacto permanente cos veciños e veciñas, e non cabe dúbida que hai que aproveitar o potencial que nos presta internet e as redes sociais, xa que é un servizo de 24 horas ao día os 365 días ao ano”, di o Secretario Xeral.
ESPAZOS PARA A PARTICIPACIÓN DOS VECIÑOS E VECIÑAS
Na nova web poderase atopar a información de como está organizada a Executiva e o Grupo Municipal así como a maneira de poder contactar con cada un deles; tamén se pode acceder a todas as publicacións realizadas ata o de agora polo PSdeG-PSOE de Ames e á información de notas de prensa, comunicados e mocións. Pero o máis destacable é sen dúbida a infinidade de vías de comunicación abertas cos veciños e veciñas amienses, xa que poden denunciar a través da web actuacións mal realizadas ou outras cousas que consideren; así mesmo tamén poden realizar propostas e suxestións aos concelleiros e concelleiras socialistas e á aos membros da executiva. A web estará conectada coas demais plataformas que xa contan os Socialistas de Ames na rede, tales como Facebook, Twitter, Flickr ou YouTube.
O acceso á web poderá facerse a través dos dominios de www.socialistasdeames.com ou do xa existente de www.socialistasdeames.org.