José Miñones

Entrevista realizada polo xornal Lindeiros

Comezamos preguntándolle pola situación singular que vive o concello e o seu partido, poderíamos dicir que é o único que se mantén tal e como saíu das eleccións
Así é. Nós mantemos os seis concelleiros cos que saímos das eleccións, e a situación do resto dos grupos mudou bastante. Empezando polo goberno, que de ter unha maioría absoluta de 11 persoas agora mesmo está coa minoría, con 5 concelleiros, e o outro grupo onde está o BNG, bueno, Ames Novo, que mantén o número de concelleiros aínda que si é certo que están como non adscritos e os escindidos do PP, que están tamén como non adscritos, formando a metade da corporación o que é unha situación anómala, única en toda España, dende logo sorprendente e coa que hai que vivir día a día

Unha situación que complica moito as cousas a hora de tomar decisións, todo isto ralentiza as cousas si xa a burocracia é mala nunha situación así moito máis
Si dende logo. É bastante máis complicado o día a día nas tomas de decisións e demais; estar 10 non adscritos de 21 é algo que afecta directamente a xestión do concello, que afecta directamente as votacións, as comisións, e aos plenos. A día de hoxe seguimos sen unha resolución do alcalde no tema das comisións, seguen indo todos os non adscritos, é unha situación intolerable que xa denunciamos dende o Grupo Socialista e se ten que tomar xa algún tipo de determinación, esperamos para este pleno, por parte de quen goberna que é o señor Amor.

Porque o problema de fondo é o feito de que vaia tanta xente as comisións é unha sangría de cartos, sobre todo nun momento como este, moi grande
Si, por cada comisión se está cobrando por todos os que van a cada unha de esas comisións, e despois, fora do tema dos cartos que realmente é algo grave polo momento que é, e máis polo que está nas comisións; unha comisión se crea como un órgano representativo do pleno, onde hai unha representación da corporación pero a nivel pequeno para que se poidan tratar os temas, dialogar, e na medida do posible chegar a acordos. Nos pola nosa parte, sendo grupo socialista, seguimos indo dous representantes, somo os únicos que non mudamos a nosa posición; polo tanto, sen entrar nos matices de que teñan ou non dereito os non adscritos que entendo que poidan telo, dende logo o que creo que hai que buscar son solucións e esa solución a día de hoxe o alcalde a ten máis doada porque xa ten o informe da deputación, e polo tanto terá que decidir, nun sentido ou noutro, pero o que está claro é que ten que ser xa.

Máis ala das comisións o que é certo que esta situación inflúe moito no día a día xa que moitas das decisións que se toman nos plenos veñen motivadas polo traballo que se fai dende a oposición.
Iso é algo que non é opinable, só hai que ir aos datos e ao papel. Si se fixa no traballo que está a facer a oposición con mocións, neste caso o grupo socialista, pois somos os que estamos presentando unha serie de mocións cremos que importantes e que están saíndo adiante tamén cos votos maioritarios do resto dos grupos e tamén do goberno no último dos casos, pero é un traballo que se está a facer e que está a levar sempre o contido dos plenos. O que é para deliberación e acordo, que son os asuntos que propón o goberno, non leva máis de 45 minutos ou unha hora nos plenos, iso é algo documentado; e sen embargo o control do goberno, que son as mocións e os rogos e preguntas, son practicamente dúas horas o que nos leva ou tres como pasou no último pleno. A oposición é a que ten que seguir co seu traballo arrimando o ombro para intentar sacar as cousas.

O que si é certo é que dende a oposición, non só os escindidos do Partido Popular, se non tamén dende o resto do grupos do que se acusa o alcalde é de falta de dialogo.
Si porque chama moito a atención, é dicir xa non é unha cousa destes meses, que leva dende febreiro con esa minoría, senón dos dous anos. Chama a atención que sobre todo a raíz de quedar en minoría pois non teña a ben chamar máis a oposición, intentar chegar máis a acordos ou, en diferentes propostas que ten enriba da mesa, non debatelas, non arranxalas. Entón loxicamente é un exemplo do que está a facer este alcalde e que ademais nos últimos plenos se está radicando máis, potenciando máis esa actitude, si que hai de dicilo: máis si cabe cos escindidos, cos que foron do seu propio partido que con nos, pero é unha situación xeral que xa no último pleno foi denunciada por tódolos grupos da oposición, ese trato, esa forma de facer política que está a facer o señor Amor.

Máis ala dese trato que quedou evidenciado, hai que dicilo, na inauguración do instituto onde non se invitou a oposición, por enriba a situación no plano da educación sufriron bastantes convulsións nos últimos tempos con esa ameaza de peche das escolas unitarias, cun instituto que en principio abrirá en este curso pero que ten uns accesos bastante deficientes a día de hoxe, é un problema preocupante no concello
Dende logo, esa é unha situación que nun concello tan xoven como o noso, onde a media de idade está en torno os trinta e pico anos e que ademais exponecialmente creceu nos últimos anos moito, moitísimo, un dos que máis, loxicamente fai que todas as instalacións, todas as infraestruturas que se tiñan en educación se quedasen pequenas e loxicamente hai que buscar solucións. O tema da inauguración que non se nos invitase, non é tanto pola invitación senón polo desprezo que se fai institucional a corporación, e dicir unha visita, sexa de traballo como lle quixo chamar o alcalde ou sexa unha visita de última hora, nos xa o dixemos no último pleno, non é tanto polo tema de que se nos invitara, porque foi unha invitación feita dende a Xunta as agachadas, senón máis de unha chamada e dicir simplemente con chamar os voceiros de que ía haber esa visita e non enterarse pola prensa diría moito do alcalde. Despois no tema educativo, a pesares de esa apertura de instituto, estamos a ver día a día que necesitamos máis polo tanto é un traballo que sabemos que é lento, que ademais administrativamente é custoso pero que se ten que facer xa; si este alcalde a raíz das unitarias o outro día que vimos, non move ficha e non pide a Xunta pois novos colexios, novas aperturas de institutos e busca novos arranxos nesa liña pois loxicamente no haberá froitos dentro de x anos; agora temos ese froito que é o instituto pero que é un traballo que se leva facendo dende hai moitísimos anos, sae agora a luz e benvido sexa pero hai que seguir traballando nesa liña, seguir buscando novos obxectivos porque isto sigue medrando loxicamente

Outro tema que nos preocupa bastante pola época na que estamos é o tema dos incendios que é unha posibilidade en esta época pero por enriba este ano non parece que as brigadas antincendios estea claro en ningún sitio, non só en Ames, senón en ningún sitio de Galicia.
Non, non está claro, e dende a Xunta xa vimos a raíz dunha moción que presentara o grupo de Ames novo e que unha vez máis vemos na forma de actuar deste alcalde incumpriu ese acordo plenario, en onde se pedía que non se contratara con cargo o concello os brigadistas nese plano, nese programa que saca a Xunta e dende logo el fixo caso omiso, o fixo e veremos as consecuencias que iso terá no futuro.; dende logo se ten que intentar cando menos manter o que xa se tiña, xa digo que por unha crise que estamos pasando non se incrementen eses esforzos económicos pero si cando menos manter o que se ten porque sabemos que é necesario e dende o concello debería senón é chegar a acordos incentivalos con respecto a Xunta.

Por ir rematando, falando da situación do Partido Socialista, o grupo sofre remodelacións con esa marcha por motivos persoais de Patricia Conde e a incorporación de Paco Villaverde, non sei como ve o futuro do partido en Ames o seu portavoz
O que intentamos é que non se pare porque agora máis que nunca se necesita o Partido Socialista, como digo somos 6 concelleiros, formamos o grupo maioritario neste momento na corporación e polo tanto temos esa responsabilidade. A situación, como dicía antes, do goberno con 5 concelleiros solo o fronte pois loxicamente fai que a oposición pois teña que traballar máis arreo se cabe, e por iso é unha das razóns de que Patricia non siga connosco porque esa situación persoal que ela ten que prepara unhas oposicións as que está dedicada practicamente todo o tempo pois fai que non poida arrimar o ombro todo o que a ela lle gustaría e polo tanto nos agora necesitamos xente que traballe, non vou dicir as 24 horas, pero si bastantes das horas do día e por iso necesitamos xente que poida dedicar practicamente todo o seu tempo e de aí un pouco esa remodelación que facemos de ir sumando xente que poida axudarnos a levar o día a día, a seguir sacando propostas, a intentar chegar a acordos, a estar cos veciños, e facer todo o que nos obriga o noso cargo.
Xosé Miñones, portavoz do Partido Socialista en Ames moitas grazas

Escoita a entrevista a José Miñones