O Concello de Ames acaba vén de anunciar que o vindeiro 16 de setembro poñerá a exposición pública, para que os veciños e veciñas poidan proceder á súa consulta, o padrón dos seguintes impostos:
⎯ Imposto sabre actividades económicas
⎯ Imposto sobre bens inmobles urbanos
⎯ Imposto sobre bens inmobles de características especiais
⎯ Imposto sobre bens inmobles rústicos
O citado padrón poderá consultarse desde o día 16 de setembro ata o día 18 de outubro en horario de 9 a 14 horas nos seguintes lugares:
⎯ Oficinas Xerais do Concello en Bertamiráns (Praza do Concello, 2 – baixo)
⎯ Oficina Municipal do Milladoiro (Rúa de Abaixo, 10 – baixo)
⎯ Deputación de A Coruña (Rúa Archer Milton Huntington, 17 – A Coruña)
RECURSOS
Contra as liquidacións que conteñen os padróns fiscais os/as interesados/as podarán formular ante o presidente da Deputación o recurso da reposición regulado no artigo 14.2 do Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto lexisiativo 2/2004, de 5 de marzo, no prazo dun mes. que se contará desde o día seguinte ao da finalización da exposición pública dos padróns fiscais. Tamén se poderá utilizar calquera outro que se considere oportuno.