Roupeiro_Ames

Saúdan que o PP de Ames retorne á senda da solidariedade e entendese a necesidade de manter este importante servizo municipal

Propoñen os socialistas incrementar os puntos de recolleita para fomentar que máis amienses poidan doar desinteresadamente a súa roupa

Os Socialistas de Ames queremos amosar a nosa satisfacción porque o goberno que dirixe Santiago Amor decidise rectificar e manter o servizo do roupeiro municipal nas mesmas condicións nas que viña funcionando e non proceda a executar o recorte tanto de horarios como de lugares de recollida aos que inicialmente tiña previsto.

Saúdamos con agrado que o PP de Ames retornase á senda da solidariedade e entendese, grazas á nosa denuncia, a necesidade de manter este importante servizo municipal nas mesmas condicións nas que se atopaba, xa que proceder a realizar recortes e poñer obstáculos ao roupeiro despois de coñecer a importante labor social e de axuda que vén desenvolvendo sería unha atrocidade e unha falla de insensibilidade tremenda.

Afortunadamente este “malentendido”, tal e como vostedes definen a súa decisión inicial, non terá consecuencias, pero pon de manifesto o que tantas veces levamos denunciando os Socialistas de Ames, que é a deriva e a falta de goberno que estamos sufrindo os amienses posto que carece de toda normalidade e fóra de toda lóxica todo o acontecido con este asunto, no que se poñen uns carteis anunciadores que despois desaparecen.

Só rematar pedíndolle ao alcalde Santiago Amor que dado que agora se deu conta da importante labor que está a desenvolver o roupeiro pense na posibilidade de mellorar este servizo e incrementar os puntos de recolleita para fomentar que máis amienses poidan doar desinteresadamente a súa roupa