En Agrón os asistentes trasladaron varias carencias e necesidades tales como o mal estado das pistas, a falla de connedores, saneamento, etc.

Miñones: “Este goberno non poder tapar os oídos antes as queixas e reclamacións que se lle achegan”

Membros do Grupo Municipal Socialista de Ames e da Executiva Local están a celebrar xuntanzas cos veciños e veciñas amienses para coñecer de primeira man cales son as carencias que as distintas parroquias da localidade están a sufrir pola aplicación da política de recortes, desleixo e abandono do goberno popular de Santiago Amor. Os Socialistas de Ames aproveitan ademais para informar dos seu traballo durante estes case tres anos de lexislatura e poñer de manifesto que existe outra forma de gobernar e de resolver os problemas. “Queremos que os veciños e veciñas de Ames coñezan de primeira man cal é a nosa actividade e o noso traballo na oposición e que o poidan comparar co que está a desenvolver o PP”, di José Miñones, portavoz socialista no concello. Pero ademais, continúa Miñones, “consideramos unha obriga contactar, falar e escoitar aos veciños e veciñas, xa que eles son os únicos que coñecen a realidade e os que sofren a falla de xestión do goberno de Amor”.

Visita á parroquia de Agrón
O PSdeG PSOE de Ames está a desenvolver dende hai un tempo unha axenda de visitas e contactos con colectivos e asociacións amienses, así como xuntanzas coa cidadanía, e foi esta semana cando estiveron no Local Social de Agrón reunidos cos veciños e veciñas desta parroquia, aos que lle trasladaron diversas actuacións desenvolvidas nesta parroquia a propostas dos socialistas, como aconteceu o arranxo da estrada de Gasamáns a través do POS (Plan de Obras e Servizos da Deputación provincial) ou a proposta de arranxo da estrada a Garea a través do DTC (Unha Deputación para Todos os Concellos) que realiza tamén o ente provincial.

Varias foron as deficiencias e necesidades que trasladaron os presentes, como por exemplo a falla de conexión aos saneamento en diversas zonas de Agrón, como por exemplo ocorre na aldea de Sandar; o mal estado no que se atopan varias pistas nas que o pavimento está totalmente destrozado (en Sandar, a estrada que une a aldea con Brión presenta un enorme socavón); a carencia de contedores de vidro e papel, etc.

Local Social da parroquia pechado
Por outra banda, os veciños e veciñas quéixanse que o local social da parroquia sempre está pechado porque se cambiou a pechadura sen ningunha explicación e cando necesitan utilízalo sempre teñen que solicitar a chave por escrito no Concello. Ademais, lles gustaría que posuise conexión a internet coa idea de facer un curso de informático pero o goberno que dirixe Santiago Amor non lles da autorización.

Campo de fútbol de Agrón
Outro punto importante é o estado do campo de fútbol que sufre un grave deterioro e impide que o club de fútbol poida adestrar nel. Os socialistas comprometéronse a facer una reunión coa directiva do club para coñecer a súa opinión. Na actualidade o club está a xogar e a adestrar nun campo de fútbol de Negreira.

O arranxo de pistas nos que o pavimento está e a falta de contedores de vidro e papel son outras das queixas que presentaron os veciños e que os socialistas trasladarán de maneira urxente ao executivo de do Partido Popular.

José Miñones, en calidade de portavoz municipal, comprometeuse cos veciños e veciñas a dar conta das súas queixas e necesidades ao goberno de Ames e a facer todo o que posible para que estes problemas se arranxen no menor tempo posible. “O goberno de Amor non poder tapar os oídos antes as queixas e reclamacións que se lle achegan. Un alcalde debe de estar do lado dos veciños e veciñas e non escapando dos problemas e dándolle as costas á cidadanía”, sentenciou Miñones.

Informan os Socialistas de Ames que nos próximos días realizarán visitas ás parroquias de Piñeiro e Covas