O candidato socialista demandou á cidadanía “moverse, co seu voto, para movelos da poltrona”

Afirmou que a responsabilidade e a ética de Feijoo pasa por “recortar salarios, pensións, educación, sanidade, dependencia e mandar 130.000 mozos á emigración”

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco dixo que a dereita de Feijóo e Rajoy “nin quere nin sente a Galicia nin aos galegos”. Por eso demandou a cidadanía “moverse para movelos da poltrona”.

Blanco participou nunha cea mitin en Ames, acompañado de militantes e simpatizantes da Agrupación Socialista de Ames e da Comarca, ademais de Pilar Cancela, secretaria de Organización; Aitor Bouza, secretario xeral de XSG. Alí denunciou que dende que goberna a dereita “aumentou a pobreza e a desigualdade, o paro, a emigración”.

Jose Blanco afirmou que a responsabilidade e a ética de Feijoóo pasa por “recortar salarios, pensións, educación, sanidade, dependencia e mandar 130.000 mozos á emigración”. Pola contra replicou que “en tempo de crise, ser responsable é atender as necesidades das persoas, non causarlles máis necesidades”. E proseguiu “ese será o cambio o 25 de maio: volver ás persoas ao centro das preocupacións, ao centro da política”.

O candidato socialista afirmou que agora é momento “de vetar ao PP de Rajoy e Feijoóo, agora que fala de vetos”. Advertiu que “Galicia está farta dos vetos, dos vetos do Partido Popular”. Sostivo que o 25 de maio “hai que vetar os recortes salariais, educativos, os sanitarios, nas pensións, a venta a prezo de saldo das nosas empresas, e hai que vetar a emigración da xente moza”.

E resumiu “o 25 de maio, veto masivo ao PP e voto masivo ao PSOE”.

Parabéns aos socialistas de Ames
O candidato socialista felicitou á Agrupación Local polo seu traballo, do que se dixo que era coñecedor, e lembrou que el xa participara nunha das charlas organizadas polos Socialistas.

Pola súa parte, o secretario xeral de Ames, Francisco Villaverde, dixo sentirse contento polo número de asistentes “xa que somos conscientes de que este non é un bo momento para a política, xa que existe unha desafección”, e afirmou que “este acto anímanos aos socialistas amienses a seguir traballando aínda máis”.