No último pleno ordinario o Grupo Socialista xa lle trasladou ao goberno a preocupación existente entre os veciños e veciñas de Covas polo elevado número de accidentes

No derradeiro Pleno ordinario o Grupo Socialista interesouse polo elevado número de accidentes que se producían na estrada de Bertamiráns a Covas, e apuntaban que veciños e veciñas da localidade lle tiñan trasladado a súa preocupación en reiteradas ocasións.

No día de onte producíronse dous accidentes nesa estrada –na zona das Pateiras- un deles tivo como consecuencia que a condutora tivese que ser liberada do seu vehículo, polo que consideramos que por parte do goberno municipal se deben de revisar as razóns polas que se produce esta elevada taxa de accidentes e poñerlle solución antes de que se produza un accidente grave que teña tráxicas consecuencias.

Din os socialistas que non pretenden ser alarmistas, e que unicamente queren evitar máis accidentes, por iso piden que o goberno non quede impasible e adopte as medidas necesarias para evitar novos sinistros nesa zona concreta, e da que seguro teñen coñecemento da elevada sinestralidade polos partes que levanta a policía municipal, ademais das reiteradas peticións de solucións trasladadas pola asociación de veciños e veciñas de Covas. Polo que antes da realización dun estudo das razóns que ocasionan tantos sinistros e da posterior solución, sería positivo que colocasen sinais informando de que é unha zona de risco elevado de accidentes.