ALEGACIÓNS E RECLAMACIÓNS

PRIMEIRA.- A regra 103 apartado a) da Instrución de contabilidade Modelo Normal (Orden EHA/4041/2004 de 23 de novembro) establece como “Cuentadante” ao Presidente da Entidade Local .

Na normativa legalmente establecida: Artigo 212.1 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais e na Regra 102.1 da Instrución de contabilidade Modelo Normal (Orden EHA/4041/2004 de 23 de novembro) se establece que antes do 15 de Maio do exercicio seguinte ao que corresponda, os estados e contas da entidade local e dos organismos e sociedades mercantís cuxo capital pertenza integramente á entidade local serán rendidas polo Sr. Alcalde.

O artigo 212.2 do Texto Refundido da lei de facendas locais regula que, a conta xeral formada pola Intervención será sometida antes do 1 do Xuño a informe da Comisión especial de Contas da entidade local. Ademais os artigo 212 e 223 da TRLRFL establecen que a remisión da conta aos órganos de fiscalización externa (Consello de Contas) debe realizarse antes do 15 de Outubro.

Pois ben, foron incumpridos polo Cuentadante (Regra 103 da Instrución de contabilidade) os prazos establecidos legalmente como queda de manifesto da documentación sometida a exposición ao público.

Queremos deixar patente que na anterior lexislatura incrementouse os efectivos de persoal dos servizos económicos do Concello co obxectivo de cumprir cos prazos legalmente establecidos na presentación das contas de cada ano, ase como dinamizar a área económica que se atopaba cunha deficiencia de persoal neste departamento. Froito disto o Concello presentou en entre Agosto de 2009 e Abril de 2011 un total de 4 contas xerais, o cal amosa a efectividade da medida e a capacidade do departamento. Durante a actual lexislatura o grupo de goberno decidiu non incrementar o persoal do devandito departamento estimando o seu número o correcto e necesario para cumprir coa labor encomendada. Ademais este mesmo grupo de goberno decidiu aprobar de maneira unilateral un plan de axuste que imposibilitaba a contratación de novo persoal, independentemente das necesidades particulares de cada área do Concello. No mesmo plan, na súa medida 13 de Gastos, planeábase unha modificación da organización da corporación local cun novo deseño en determinados departamentos, co fin de maximizar o rendemento da plantilla. É evidente que o feito de non incorporar maior persoal ao departamento económico nese novo deseño foi motivado por terse considerado como suficiente, o cal coincide cos datos amosados na lexislatura anterior, poñendo de manifesto a probada capacidade do persoal existente.

Significar, unha vez mais, que o PP foi especialmente crítico na oposición sobre a presentación das contas xerais, cas dificultades engadidas que o anterior equipo de goberno tivo ao terse incorporada unha nova interventora coa lexislatura xa iniciada, e a falta de persoal co que se contaba, moi diferente da que dende o inicio da lexislatura goza o goberno actual. Toda esta situación fai que non nos quede mais que destacar, obxectar e reprobar a formulación desta conta fora dos prazos establecidos para elo cando temos a convicción de que están sendo mal aproveitados os recursos humanos especializados dos que dispón o Concello para levar a cabo tarefas económico –financeiras de tanta transcendencia como é a formulación e rendición das contas anuais, e tendo un atraso na presentación das mesmas. Si a este feito se lle suma que o actual Goberno non foi quen de presentar un orzamento municipal neste mesmo ano 2013 no que se están a presentar as contas, nin parece que o vaia a facer no actual 2014 visto as datas nas que estamos, aínda esixe unha maior reprobación no retraso contable. Ademais, o feito de que dúas das traballadoras do departamento estiveran de baixa durante o presente ano e non foran cubertas as mesmas con outro persoal, ven directamente motivado da aprobación dun plan de axuste responsabilidade única e exclusiva do propio goberno.

SEGUNDA: Na conta, 413. “Acredores por operacións pendentes de aplicar o orzamento”, cuxo saldo acredor segundo a información que se expón no informe do interventor a 31 de decembro de 2013, importa a cifra de 404.272,27 euros correspóndese con débedas contraídas polo Concello que non contan con cobertura orzamentaria, ou que se omite a súa contabilización no exercicio de orixe das obrigas polo que o seu abono terá que producirse mediante a substanciación dos correspondentes procedementos de recoñecemento extraxudicial de créditos.

O non recoñecemento orzamentario de facturas en contía de 404.272,27 euros nesta anualidade, fai que o Estado de liquidación do exercicio 2013 e o Resultado orzamentario, non representen a imaxe fiel da situación da Entidade Local ata tal punto que de terse contabilizados os mesmos o resultado orzamentario cambiaría do signo positivo ao negativo, tal e como constata o interventor no seu informe 141-14, quedando unha cantidade final próxima aos -350.000 euros, moi lonxe dos +54.289,12 euros presentados.

SOLICITA

Que se estimen as presentes observacións, alegacións e reclamacións que se interpoñen de conformidade co establecido no artigo 212 punto 3 do R/D lexislativo 2 / 2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais.