O Socialistas de Ames informan do seguinte:
- No día de hoxe presentou a súa dimisión no rexistro municipal a concelleira do Grupo Municipal Socialista Carmen Fraga Crespo; a cal, tamén foi comunicada ao Secretario Xeral dos Socialistas de Ames, Francisco Villaverde Marcos.
- Esta dimisión, tal e como comunicou, débese a motivos estritamente laborais e persoais, xa que, tal e como lle fixo saber ao Secretario Xeral, as tarefas derivadas do cargo de concelleira lle impedían nestes momentos desempeñar con total normalidade o seu traballo. .
- Tanto o portavoz do Grupo Municipal Socialista, José Miñones Conde, como o Secretario Xeral dos Socialistas de Ames, Francisco Villaverde Marcos, agradecen o traballo desenvolvido durante os últimos anos por Carmen Fraga, e deséxanlle sorte na súa vida persoal e profesional.
- Dado que a, como xa é coñecido, o PSdeG-PSOE de Ames esgotou a lista presentada nas eleccións municipais do ano 2011, vémonos na obriga de acollernos novamente ao artigo nº 182.2 da LOREG, e nomear a unha persoa que non formase parte da candidatura.
- A Executiva Municipal e o Grupo Socialista manterán nos vindeiros días unha xuntanza para analizar a situación e propoñer á persoa que substitúa a Carmen Fraga na corporación municipal, para posteriormente poñelo en coñecemento da Asemblea de Militantes.
- Os Socialistas de Ames, tal e como xa temos manifestado queremos que as persoas que se incorporen ao Grupo Municipal poidan ter unha dedicación ampla, xa que a situación política que atravesamos no noso concello require un traballo exhaustivo e unha entrega extensa á condición de concelleiro ou concelleira.
- Os Socialistas de Ames lamentamos que se produza esta situación e os posibles trastornos ou confusións que se poidan derivar dos cambios realizados, pero son situacións imprevistas e coas que nestes momentos xa non contábamos.
- Tanto a Executiva coma o Grupo Municipal queremos trasladar que a actividade e o traballo que imos a desenvolver vai a continuar de igual maneira que ata o de agora.