COMUNICADO DE PRENSA

O Socialistas de Ames informan do seguinte:

1. Tras a dimisión da concelleira Carmen Fraga a Executiva Local e o Grupo Municipal Socialista acordaron, en función do que fixa a LOREG no seu artigo 182.2, nomear a unha persoa que non formase parte da candidatura do PSdeG-PSOE nas eleccións municipais do 2011.

2. Tanto o Secretario Xeral do PSdeG de Ames, Francisco Villaverde, como o portavoz municipal, José Miñones, acordaron que o novo membro da corporación en representación do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE sería unha muller para poder manter a paridade.

3. O pasado martes día 9 de decembro durante a xuntanza mantida entre a Executiva Municipal e o Grupo Municipal acordouse que a persoa proposta para ser concelleira é María Begoña Gómez Barreiro. Na citada xuntanza, tomaron a decisión de trasladar esta proposta á Asemblea de militantes

4. O pasado venres día 12 de decembro a Asemblea de militantes aprobou por unanimidade dos e das presentes a proposta da executiva.

5. O PSdeG-PSOE de Ames trasladará este acordo á Secretaría Xeral do Concello de Ames o nomeamento de María Begoña Gómez Barreiro para que se proceda a dar traslado ao Pleno da corporación e á Xunta Electoral Central para a solicitude da súa credencial.

6. María Begoña Gómez Barreiro é natural de Ames e reside en Bertamiráns. É licenciada en Psicoloxía e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Durante anos pertenceu ao tecido empresarial de Ames cando rexentou un local hosteleiro en Bertamiráns. Nesa etapa colaborou na campaña de normalización lingüística do galego para a hostelería e tamén en Ames Radio. É militante do PSdeG-PSOE.

7. Os Socialistas de Ames, tal e como xa temos manifestado queremos que as persoas que se incorporen ao Grupo Municipal poidan ter unha dedicación importante, xa que a situación política que atravesamos no noso concello require un traballo amplo e unha entrega extensa á condición de concelleiro ou concelleira.