No pasado mes de decembro o campo de fútbol de Biduído sufríu cuantiosos danos causados por vándalos, os cales cuantifican en máis de 6000 euros

A directiva do Biduído solicitou en máis dunha ducia de ocasións unha xuntanza con membros do Goberno Municipal e non obtiveron resposta

Os Socialistas de Ames trasladan a queixa pola situación de abandono e desamparo na que se sinten os membros da directiva do Clube de Fútbol Biduído, a petición dos mesmo.

Informan os Socialistas que durante o pasado nadal nunha visita ao campo de fútbol desta parroquia atoparon infinidade de desperfectos e danos nas instalacións deportivas. Denuncian os membros da directiva que romperon cristais, fiestras, e ata queimaron os asentos e estantes dos vestiarios, chegando os danos ao teito de pladur; estropearon a porta da cantina e causaron bastantes danos na mesma, queimando incluso os estantes da mesma; etc.

Danos cuantificados en máis de 6000 euros

Estes cuantiosos danos, que valoran en máis de 6000 euros, foron postos en coñecemento da Policía Local de Ames e tamén os denunciaron á Garda Civil. Tamén solicitaron reunirse co alcalde amesán, Santiago Amor, ou coa concelleira delegada de Deportes, sen obter ningún tipo de resposta pola súa parte. Esto é o que máis ofende aos membros da directiva do Clube de Fútbol Biduído, xa que tal e como nos comunican foron máis de unha ducia de veces as que se puxeron en contacto co concello para solicitar esa xuntanza sen conseguir nada positivo, e isto, segundo manifestan é o que os fai sentirse abandonados e desamparados.

Os socialistas queremos trasladarlle o noso apoio e a nosa axuda aos integrantes do Clube de Fútbol Biduído, xa que somos conscientes do complicado que resulta nestes tempos dedicarse a manter unha entidade deportiva, e moito máis cando non contas co respaldo do goberno municipal cando xurden problemas e dificultades.