A candidatura resultou aprobada pola unanimidade dos votos dos militantes e simpatizantes

Os socialistas presentan unha lista na que destaca a igualdade de xéneros, ademais de ser a primeira vez que se presenta unha lista cremalleira, é dicir o mesmo número de mulleres que de homes e en postos alternos.

A prioridade foi involucrar a persoas integradas no tecido asociativo amesán, conxuntamente con compañeiros e compañeiras do Partido que ao longo destes últimos anos viñeron participando e colaborando de maneira activa; ademais de buscar a representación de todos os lugares do noso concello

No día de hoxe vén de aprobarse a candidatura do PSdeG-PSOE de Ames ás próximas eleccións municipais do mes de maio; foi na Asemblea Extraordinaria celebrada no pazo da Peregrina de Bertamiráns onde os militantes e simpatizantes socialistas ratificaron por unanimidade, tras votación en urna, a lista presentada polo Secretario Xeral, Francisco Villaverde, e o candidato á alcaldía, José Miñones. Previamente, na tarde de onte a Executiva Local xa refrendou de maneira unánime esta lista.

Os e as Socialistas de Ames encaran estas eleccións municipais cunha lista chea de caras novas para o socialismo pero moi coñecidas dentro do municipio; tal e como apuntou José Miñones na súa presentación, “a prioridade foi involucrar a persoas integradas no tecido asociativo amesán, conxuntamente con compañeiros e compañeiras do Partido que ao longo destes últimos anos viñeron participando e colaborando de maneira activa; ademais de buscar a representación de todos os lugares do noso concello”. Proseguiu dicindo que “esta candidatura é un claro reflexo da sociedade amesá: homes e mulleres preparados, implicados e traballadores”.

Para os socialistas é importante que todos os veciños e veciñas de Ames se sintan representados nesta candidatura, porque tal e como manifestan, para o PSdeG o máis importante é a cidadanía e o seu benestar, e “os socialistas sempre gobernamos para as maiorías, buscando o desenvolvemento e o progreso da sociedade, e para iso necesitamos o apoio e a participación da xente e un alcalde que dea a cara”, dixo con énfase o candidato socialista, para continuar afirmando que “en ilusión, ganas de traballar, dedicación e diálogo non nos vai a ganar ninguén.

Lista cremalleira
Desta candidatura resalta a consecución dunha paridade efectiva, xa que se trata dunha lista na que destaca a igualdade de xéneros, ademais de ser a primeira vez que se presenta unha lista cremalleira, é dicir o mesmo número de mulleres que de homes e en postos alternos. Para os socialistas de Ames, isto xa é un logro en si mesmo, porque “trátase dunha igualdade real e exemplificadora, máis nestes tempos, nos que os estudos están a reflectir o retroceso económico que está a sufrir a muller no mundo laboral, e moito máis a muller galega”

José Miñones non deixou pasar a ocasión para agradecer a todos os militantes e simpatizantes a confianza que depositan nesta candidatura, e dixo “só teño palabras de agradecemento para as persoas que colaboran con nós sendo parte desta lista, pero, tamén, a todas aquelas que, día a día, traballan para que o Partido Socialista de Ames sexa un referente e poida chegar ao goberno, porque non nos enganemos, ese é o noso obxectivo”.

Rematou o candidato lembrándolle aos presentes que “nesta lista non hai estrelas nin figuras, só hai persoas que forman parte dun equipo que sae ao campo a xogar con humildade, e que necesita o alento e o apoio doutros moitos que non figuran na papeleta pero que teñen a mesma importancia para poder gañar o partido”

CANDIDATURA DOS SOCIALISTAS DE AMES

CANDIDATURA DOS SOCIALISTAS DE AMES

1. JOSE MANUEL MIÑONES CONDE
Portavoz do Grupo Municipal. Licenciado e Doutor en Farmacia. Profesor da USC.

2. LUISA FEIJOO MONTERO
Participou na ANPA de Millapeques e foi Presidenta da ANPA do Colexio de Ventín. Milladoiro

3. JOSE BLAS GARCIA PIÑEIRO
Licenciado en Filoloxía Hispánica. Concelleiro en Ames desde 2014. Traballador da CENG do PSdeG na Secretaría de Organización. Bertamiráns-Ortoño.

4. ISABEL GONZALEZ CANCELA
Concelleira en Ames dende 2003. Membro da Executiva dos Socialistas de Ames e responsable de Servizos Sociais durante 8 años. Milladoiro.

5. CARLOS TRIAS SANCHEZ
Economista e Graduado Social. Membro do Consello Económico e Social do CIFP. Actual presidente da Asociacion de Veciños de Tarrío. Bugallido.

6. BEGOÑA GOMEZ BARREIRO
Concelleira do Grupo Municipal. Licenciada en Psicoloxía e Xornalismo. Colaboradora da Comisión da Festa do Chourizo de Ortoño. Bertamiráns.

7. JESUS CARRERA VAZQUEZ (BEIRO)
Concelleiro de obras de Ames do 2003-2007. Colaborador do Bertamiráns CF. A Condomiña-Ortoño

8. Mª CARMEN LEMOS GONZALEZ
Funcionaria do Concello de Santiago. Xefa de Gabinete do Goberno de Santiago de 2004 a 2011. Secretaria da A.VV de Covas. Covas

9. VICTOR FERNANDEZ PRIETO
Licenciado en Dereito. Diplomado en Relacións Laborais. Técnico laboral de UGT Galicia. Milladoiro.

10. IRENE LESQUEREUX MARTINEZ
Licenciada en Dereito. Asesora xurídica da Fundación Pública Galega. Secretaria da ANPA A Madalena. Milladoiro.

11. JOSE Mª FERNANDEZ GARCIA
Estudante de Administración e Dirección de empresas. 24 anos. Técnico de emprego na Cruz Vermella. Bertamiráns.

12. ROSA Mª FERNANDEZ VAZQUEZ
Traballadora do Centro de Saúde de Milladoiro. Licenciada en CC Económicas. Máster en Prevención de Riscos laborais. Milladoiro.

13. JOSE PAZOS BALSA
Concelleiro. Presidente da A.VV de Ameixenda. Ameixenda.

14. ELISA SUAREZ VAZQUEZ
Administrativa do Grupo Municipal. Membro da Comisión de Festas de Agrón.

15. RAMIRO ANGUEIRA PEREZ
Fundador do Bugallido CF. Tesoureiro da Asociación de Caza e Pesca Azor de Ames. Membro da A.VV de Bugallido. Bugallido.

16. OFELIA MAYO ROMARIS
Traballadora do Bertamiráns CF. Trasmonte

17. MIGUEL ANGEL MIGUEZ CEA
Presidente do Biduído CF e colaborador da Asociacion Sarela. Biduído.

18. EVA TOME SIEIRA
Licenciada en Dereito. Procuradora. Membro do Comité Nacional Galego e da Executiva dos Socialistas de Ames. Agro do Muíño-Ortoño.

19. RAFAEL CASTRO DURO
Presidente da Asociacion Cultural Os Castros de Ames. Colaborador da A.VV de Covas. Covas

20. CARMELA PARDAL PARDAL
Locutora de radio durante 27 anos. Actualmente empresaria e emprendedora en Milladoiro e actriz do Grupo de Teatro Municipal de Ames. Milladoiro

21. FRANCISCO VILLAVERDE MARCOS
Secretario Xeral dos socialistas de Ames. Ex alcalde da Baña e actual concelleiro do Grupo Municipal. Ames

SUPLENTES
22. XURXO SANTISO BLANCO
Foi Secretario Xeral da Consellería de Medio Ambiente durante o goberno de Emilio Pérez Touriño. Presidente de augas de Galicia e Profesor asociado.

23. SUSANA SEÑORIS RODRIGUEZ
Natural de Ames e integrante da Coral de Ames. Bertamiráns

24. CARLOS FRAGA ADRIO
24 anos. Estudante de Ciencias Políticas. Ortoño