Os Socialistas nomearon ao Comité Electoral, que será o encargado de xestionar a campaña das municipais en Ames
A sede socialista, sita na Rúa Agrelo de Bertamiráns, estará aberta todos os martes e xoves dende as 18:00 ata as 21:00
Os socialistas de Ames teñen o firme propósito de se converter na lista máis votada nas vindeiras eleccións municipais que se celebrarán o próximo 24 de maio. “Somos conscientes de que para conseguir este obxectivo debemos de poñer todo o noso esforzo e compromiso, dado o gran número de formacións que se presentan, aínda que nós temos moito camiño andado, polo traballo realizado durante estes catro anos de activa oposición”, recoñece o candidato a alcaldía, José Miñones.
O alcaldable explica que o lema socialista é “estar ao carón dos veciños e veciñas de Ames, algo que se ve reflectido no noso comité electoral. A participación e a escoita activa son partes esencias do noso quefacer diario”.
A encargada de coordinar o engrenaxe do Comité Electoral e todo canto se vai levar a cabo é a concelleira Isabel González Cancela, acompañada do concelleiro Blas García, que será o vicecoordinador da campaña. As finanzas e a distribución económica depende de José María Fernández (Chema) e Carlos Trías. Por outra banda, o Secretario Xeral e concelleiro, Francisco Villaverde será o responsable da elaboración do programa electoral xunto co avogado Víctor Fernández. Elisa Suárez, actual administrativa do Grupo Socialista, será quen organice a axenda socialista así como todos os eventos que se vaian a realizar ata a cita electoral do 24 de maio. Jesús Carrera (Beiro) é o responsable de mobilización e Mª Begoña Gómez, actual concelleira, a de comunicación e redes sociais. Eva Tomé encargarase da xornada electoral e da asesoría xurídica.
Explican os socialistas que aínda que este é o núcleo central da coordinación da campaña amesá para as municipais neste equipo incorporaranse todos aquelas persoas que así o desexen, e
Todos eles traballan conxuntamente para demostrar aos veciños e ás veciñas de Ames que o partido socialista amesá é a alternativa eficaz e eficiente para que este Concello “volva ser un referente galego en servizos sociais, educación, sanidade, conciliación, escolas deportivas e cidadanía”, asevera, Miñones e engade “no noso traballo sempre hai un compoñente de responsabilidade cos nosos veciños e veciñas, por iso estou convencido de que todo o noso esforzo e empeño se vai ver valorado e seremos a forza máis votada nas vindeiras eleccións”.
A sede socialista abre as súas portas
Estes días de moito axetreo e de moitas xuntanzas requiren dunha enorme organización para cadrar todos os compromisos. Por iso, os socialistas, no seu afán de escoitar a todos e cada un dos veciños e veciñas de Ames, ademáis das reunións con colectivos concretos, queren dar un enfoque máis persoal ás consultas veciñais e están a abrir a sede que o partido ten no número 10 da Rúa Agrelo, local 13, en Bertamiráns.
A sede permanecerá aberta todos os martes e xoves dende as 18:00 ata as 21:00 horas para todos os veciños e veciñas que queiran coñecer o traballo e as propostas socialistas e tamén para todas aquelas persoas que desexen facer as súas aportacións ou explicar as súas inquedanzas de cara a estas eleccións municipais ou respecto dalgún outra cuestión que lles preocupe, referente ao Concello. Lembrar que o grupo municipal tamén está localizado todas as mañás na oficina que teñen na Casa do Concello e que está aberta cara o público dende as nove da mañá.
Neste sentido, o portavoz socialista enfatiza “somos o partido da cidadanía, o partido dos dereitos dos veciños e das veciñas, nós reclamamos, defendemos e queremos o que realmente desexan e precisan os amesáns e amesás, a saber, unha educación e unha sanidade pública, un emprego de calidade e un servizos sociais de calidade, en resumo, queremos un concello no que vivir e convivir”.