O Goberno municipal convocou para a tarde do sábado un minuto de silencio para amosar o seu rexeitamento aos atentados que o Estado Islámico cometeu en París. Co lema “Non ao terrorismo. Liberdade” todos os grupos políticos con representación municipal e varios veciños e veciñas gardaron ese simbólico minuto de silencio diante da casa consistorial.

Ao remate do minuto de silencio o alcalde, José Miñones, dixo que é o momento de repudiar o terrorismo sexa de quen sexa, e que iso só se consigue traballando conxuntamente entre todos e todas. “A democracia e a unidade é a mellor maneira de rexeitar este terrorismo indiscriminado”, dixo o alcalde amesán.

Foto de Ames a Diario