Blas García acusa ao PP de Ames estar a “adoptar posturas máis próximas á extrema dereita desde a entrada de Ramón Argibay”
Os Socialistas de Ames fan unha valoración moi positiva dos actos conmemorativos do 40º aniversario da CE que organizou o Goberno Municipal
Ames, 7 de decembro de 2018. Durante esta semana celebráronse unha serie de actos organizados polo Goberno municipal nos que se conmemorou o 40º aniversario da Constitución Española, da que destacan os socialistas que “foi o gran pacto que facilitou a convivencia entre as e os españois, así como o desenrolo do Estado español”. Dos actos celebrados, os socialistas de Ames fan unha valoración moi positiva xa que serviron para destacar a importancia da chamada Carta Magna, e posibilitaron que unha parte importante da cidadanía amesá participase no aniversario destes actos.
“Foron varios os e as representantes de asociacións de veciños e veciñas, entidades deportivas e culturais, empresas e colectivos empresariais, personalidades e cidadanía en xeral a que participaron nos actos organizados”, din desde o PSdeG-PSOE de Ames, porque puideron participar en conversas e debate, como a organizada no Milladoiro, ler artigos da Constitución ou homenaxear aos alcaldes constitucionais de Ames.
De todos os xeitos os Socialistas de Ames queren deixar patente a ausencia dos representantes do Partido Popular de Ames en todas as actividades que se desenvolveron no aniversario da Constitución, o que “pon de manifesto o desprezo que amosan os representantes do Partido Popular, entre os que incluímos a Pacto por Ames, pola institución municipal e pola propia Constitución”, afirma o secretario xeral local, Blas García. Para o socialista “carece de sentido presentar unha moción en maio pedindo que se conmemore o 40º aniversario da CE, e outra este mes e que despois prefiran marcharse de ponte e facer vacacións institucionais”. Seguen os socialistas afirmando que o Partido Popular de Ames está adoptar nos últimos tempos unha actitude radical, e segundo palabras de Blas García, “desde que Ramón Argibay entrou no PP este partido está adoptando cada vez posturas máis próximas á extrema dereita, e os feitos aí están coa desconsideración feita nesta semana aos actos da Constitución e a entrega de medallas aos alcaldes constitucionais, entre os que se atopaba o ex alcalde popular e cabeza de lista dos actuais concelleiros e concelleiras do Grupo Popular”