Tanto o alcalde de Ames, José Miñones, como representantes dos Socialistas de Ames mantiveron sendas xuntanzas con representantes da Asociación de Hostelería Compostela para falar sobre a nova ordenanza de terrazas que preparou o departamento de Urbanismo.

A primeira xuntanza a mantiveron representantes da Executiva do PSdeG-PSOE de Ames, entre os que estaban o seu secretario xeral, Blas García, a vicesecretaria, Isabel González, e Ana Paz e Víctor Fernández. Nesta primeira toma de contacto os representantes de Hostelería Compostela, trasladaron a súa preocupación pola nova ordenanza, xa que a consideraban restrictiva en varios aspectos, e amosaron o seu descontento porque varios aspectos quedaran a criterio unicamente técnico. Así mesmo, profundizaron tamén nos horarios de peche, a recollida das cadeiras e mesas, así como na limpeza. E deixaron claro que este era un tema que “no que non era bo precipitarse, e que tiña que falarse con calma”.

Os reprensentantes do PSdeG-PSOE de Ames amosaron a súa dispoñibilidade ao acordo e a negocición, e aclararon que de non ser así o Goberno municipal xa tería actuado doutro xeito; pero, preferíu remitir o texto aos sectores implicados para que todos puideran presentar as súas alegacións e propostas de modificación. O secretario xeral socialista manifestoulles que esta ordenanza vai a ser positiva para os e as hosteleiras, xa que vai a facilitar e regular a creación de terrazas e a ocupación do solo público, convivindo ademais cos peóns. E, lembrou, que as beirarrúas son para compartir, pero sempre con prioridade para as persoas, e máis se temos en conta a actual lei de accesibilidade.
Houbo varios aspectos nos que coincidiron, pero outros nos que cren que hai que modificar e realizar redaccións máis claras.

Xuntanza co alcalde
O alcalde José Miñones, recibiu aos membros da xunta directiva da entidade, encabezada pola súa presidenta Sara Santos, para tratar as alegacións ao borrador, e trasladoulle toda a vontade para lograr un documento consensuado que non prexudique a ninguén, pero lembroulles que sempre se debe de adaptar a lexislación vixente. Manifestoulle ademais o compromiso de manter máis xuntanzas, e incluso algunhas técnicas.

Por parte de Hostelería Compostela considérase que o rexedor amosou vontade de diálogo. “As sensacións son boas”, indicou Sara Santos. Durante os últimos meses a Asociación vén denunciando que o borrador da nova ordenanza de terrazas é “demasiado restritivo para a realidade de Ames”. O sector observa con preocupación, entre outros temas, que moitas das cuestións que regula queden “ao criterio arbitrario do servizo técnico municipal”.