No pleno ordinario do mes de setembro aprobouse unha moción presentada polo Grupo Socialista na que se lle solicita á Xunta de Galicia que asuma os gastos derivados da limpeza e desinfección dos centros educativos polo COVID-19.

O pasado xoves no pleno ordinario celebrado no concello de Ames debateuse unha moción presentada polo Grupo Municipal Socialista na que lle solicitan á Xunta de Galicia o seguinte:

1.- Instar á Xunta de Galicia a cumplir coas súas obrigas e resposabilidades no ámbito sanitario e educativo, dispoñendo dos medios materiais e persoais e dos recursos económicos que sexan precisos para garantir que a volta a clase e o curso académico poida desenvolverse de maneira presencial, segura e con calidade.

2.- No caso de que a Xunta de Galicia decida encomendar as entidades locais novas función e responsabilidades en materia de conservación e mantenemento dos centros educativos, proceda a delegación formal das mesmas e realice a correspondente consignación orzamentaria para sufragar tales gastos.

3.- Instar á Xunta de Galicia a que proceda á compensación dos sobrecustes que os concellos están a soportar como consecuencia dos gastos de limpeza e desinfección dos centros educativos.

A moción saiu adiante cos votos favorables do PSdeG-PSOE (7) BNG (3) Podemos (2) e Ames Novo (1). Ciudadanos (1) abstívose, e o PP (6) votou en contra.

A exposición de motivos da moción se basea nun informe elaborado pola Deputación de A Coruña, o cal conclúe que a competencia de limpeza e desinfección dos colexios para cumplir cos protocolos de prevención da COVID-19, correspóndelle á Xunta de Galicia.

Limpeza e desinfección en Ames
O portavoz municipal do Grupo Municipal Socialista, Blas García, explicou que en Ames se tiveron que incrementar en tres limpezas extraordinarias diarias, máis o incremento da limpeza ordinaria que se fai diariamente. E isto “xenera uns gastos moi importantes para o noso concello, aso cales hai que sumarlle outros derivados do COVID-19 que temos que asumir por orde da Xunta de Galicia”, di Blas García. E continúa dicindo que “a Xunta debe de destinar aos concellos os fondos necesarios para cubrir este incremento no orzamento municipal, porque tamén o Goberno do Estado lle envía fondos á Xunta para asumir os gastos a maiores xerados pola pandemia”.

MOCION DESINFECCION