O PSdeG- PSOE de Ames, amosa o seu desacordo pola falta de colaboración da Xunta de Galicia cos concellos na xestión do día a día da pandemia ocasionada polo coronavirus.

O Grupo Municipal socialista de Ames levará ao Pleno Ordinario, que terá lugar a finais deste mes de xaneiro, unha proposta para instar a Xunta a que cree un fondo extrardinario nos seus orzamentos do 2021, destinados axudar aos Concellos na loita contra a COVID-19.

Segundo afirma Blas García, portavoz municipal do PSOE de Ames, “é o momento de que a Xunta asuma a súa parte de responsabilidade na loita contra este virus e dote de fondos aos Concellos, que están na primeira liña, para que poidan atender a totalidade de obrigas establecidas e así protexer a veciñanza, tendo en conta que dende casi hai un ano vimos asumindo con fondos propios todos os gastos de competencias impropias como é o caso das desinfeccións e limpezas dos colexios, ou do centro de saúde de Milladoiro, custes que no caso do Concello amesá ascenden a aproximandamente 1.000.000 €”.

García destaca ademáis que “é preciso ter en conta que a propia Xunta de Galicia xa recibiu fondos extraordinarios do Estado e da Unión Europea destinados a combater a pandemia, polo que non é comprensible que despois de impoñer medidas sanitarias, coma pode ser a desinfección de paques públicos, piscinas ou outro tipo de instalacións, en ningún momento, ate o de agora, arrimase o ombreiro para colaborar cos concellos nos sobrecustes ocasionados para protexer de xeito eficaz a veciñanza”.

Deste xeito, os socialistas de Ames, agardan que a Xunta de Galicia reaccione axiña e poida establecer unha partida orzamentaria no presuposto do ano 2021, a repartir dun xeito estritamente obxectivo entre a totalidade dos municipios galegos, para continuar facendo fronte ao coronavirus.