O alcalde de Ames, José Miñones, analizou esta mañá nunha entrevista en Radio Nacional a súa responsabilidade como ponente do documento sobre Municipalismo e Mundo Rural que lle encargou a dirección do PSOE de cara ao Congreso Federal do mes de outubro.

Dixo tamén que este 40º Congreso do PSOE vai a significar un cambio importante e unha modernización, xa que ademais temos por diante o reto da dácada 2020-2030.

A base da futura xestión e dirección do PSOE ten que vir desde o municipalismo

Dixo que a Xunta de Galicia non está a axudar aos concellos, especialmente na loita contra a Covid-19, xa que mentras recibe cartos do Goberno do Estado estes non se repercuten nos municipios, onde estamos a asumir novas competencias e competencias impropias.

Poder escoitar aquí a entrevista:

https://www.rtve.es/m/alacarta/audios/informativo-de-galicia/entrevista-alcalde-ames-jose-manuel-minones/5829196/