O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Ames, reorganizou as súas áreas despois de que o pasado xoves, Blas García fose nomeado novo alcalde, relevando a José Miñones no cargo.

O Grupo Municipal socialista reuniuse na tarde de onte para elixir a Luisa Feijoo como voceira do Grupo Socialista nesta nova étapa, despois de que o novo alcalde Blas García tomase posesión do seu cargo o xoves 8 de abril.

Luisa Feijoo, concelleira socialista do departamento de Benestar Social dende o ano 2015, asume a nova responsabilidade de voceira do Grupo que ata o de agora desenvolvía García Piñeiro.

Na mesma xuntanza, o alcalde anunciou a pequena remodelación de áreas de goberno, tendo en conta que os únicos movementos que se producen son a asignación da concellería de Urbanismo, a Victor Fernández que ademáis seguirá a xestionar a concellería de Administración xeral, Persoal e Seguridade e tamén a asignación de competencias ao novo concelleiro socialista, Santiago Márquez Noya, que será quen dirixa a Concellería do Rural e Participación Cidadá.