Os días 7 e 8 de decembro celebrouse en Santiago de Compostela o 14 Congreso do PSdeG no que se elixiu á nova dirección do partido encabezada por Valentín González Formoso, como Secretario Xeral.

Na executiva galega os socialistas de Ames terán un peso importante, ocupando as seguintes áreas:

A compañeira Susana Señorís, concelleira de Deportes de Ames levará a área de Deportes e Políticas Saudables; Paula García dirixirá a Secretaria de Participación, Comunicación e Redes Sociais e o ex alcalde de Ames, actual delegado do Goberno José Miñones será o encargado de dirixir a área de Estudos e Proxectos;

Por outra banda, os compañeiros Blas García, Victor Fernández, Isabel González e Álvaro Negeira entrarán a formar parte do Comité Nacional, máximo órgano de dirección do PSdeG entre Congresos.

O alcalde de Ames, secretario xeral da Agrupación afirmou que “Os e as Socialistas de Ames temos que amosar a nosa satisfacción porque conseguimos que se valore o traballo que levamos realizado durante estes anos, que se ve reflexada coa entrada de varios compañeiros e compañeiras nos órganos nacionais da nova dirección, e na nova executiva nacional”.

Organización do Congreso

Tamén compre salientar que para a Agrupación Local foi un orgullo que Blas García, alcalde de Ames, xunto a Teresa Facal, militante amesá, formasen parte do Comité Organizador do Congreso que nun tempo récord acadou sacar adiante un evento destas características.