A dirección das Xuventudes Socialistas de Ames está formada por Antón Rivas, como secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Ames, Nerea García, como secretaria de Organización, Diego Díaz e Samuel Muñiz.
As Xuventudes Socialistas de Galicia constituíron este venres pola tarde no Milladoiro a agrupación local da organización, a cal estará liderada por Antón Rivas
Antón Rivas amosou a súa emoción por “iniciar un proxecto socialista mozo nun dos concellos máis novos de Galicia e onde, polo tanto, a voz da xuventude debe estar presente nas decisións políticas que afectan ao seu día a día”
Xurxo Doval, secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, afirmou “a necesidade que supón seguir proxectando as necesidades da mocidade galega de todas as vilas do país en proxectos políticos que as poidan atender como o do goberno local de Ames”
Blas García, alcalde do concello, trasladou “todo o apoio dos socialistas de Ames á nova equipa municipal e pedíndolles que traballen para elevar as demandas en servizos e infraestruturas que poidan precisas os mozos e mozas”
As Xuventudes Socialistas (XSG) constituíron este venres pola tarde no Milladoiro a agrupación local da organización, a cal estará liderada por Antón Rivas, o cal estivo acompañado do secretario xeral de XSG, Xurxo Doval, e o alcalde do concello, Blas García, xunto con outros membros da corporación municipal.
Antón Rivas amosou a súa emoción por “iniciar un proxecto socialista mozo nun dos concellos máis novos de Galicia e onde, polo tanto, a voz da xuventude debe estar presente nas decisións políticas que afectan ao seu día a día”.
O mozo socialistas trasladou “a disposición da nova equipa local de moverse para animar á xuventude do concello a sumarse para construír o presente e o futuro de Galicia”.
O secretario xeral de XSG, Xurxo Doval, afirmou “a necesidade que supón seguir proxectando as necesidades da mocidade galega de todas as vilas do país en proxectos políticos que as poidan atender como o do goberno local de Ames”.
O líder galego considerou que “o poder dos socialistas para cambiar o país xorde dos pequenos e grandes concellos e en todos eles existe unha xeración de xente nova que busca con forza lograr un goberno da Xunta cos pés en Galicia ”.
Blas García, alcalde do concello, trasladou “todo o apoio dos socialistas de Ames á nova equipa municipal e pedíndolles que traballen para elevar as demandas en servizos e infraestruturas que poidan precisas os mozos e mozas”.
Nova dirección
A nova dirección, ademais de Antón Rivas, está formada por Nerea García, Diego Díaz e Samuel Muñiz.