Desde que chegamos ao Goberno unha das nosas apostas fundamentais foi poñer en valor o rural de Ames e realizar os investimentos necesarios nos seus núcleos, sobretodo para fixar poboación e sentirnos orgullosos do rural.

Durante os últimos anos realizamos obras e actuacións en todas as parroquias chegando a varios núcleos, pero é certo que aínda quedan cousas por facer. Por iso, traballamos para poder chegar e facer cousas nos 120 núcleos de poboación que temos no Concello de Ames.