O pasado venres, 9 de setembro de 2022, a Vicesecretaria Xeral dos Socialistas de Ames e Secretaria de Deportes do PSdeG —Susana Señorís— participou nunha reunión en Santiago de Compostela onde se abordaron os distintos proxectos do Ministerio de Cultura e Deporte para Galicia. A presenza de Susana Señorís estivo acompañada do Ministro Miquel Iceta, do Secretario Xeral do PSdeG -Valentín G. Formoso- así como doutros membros do partido.

Este tipo de encontros permiten situar ao Partido Socialista como o principal axente impulsor da modernización e avance do deporte na nosa comunidade autónoma. O deporte e a actividade física constitúense como un ben público que favorecen o desenvolvemento e benestar persoal, ademais de ser unha ferramenta clave na promoción da igualdade e a inclusión.