Na tarde do luns, 27 de febreiro, os Socialistas de Ames celebraron unha Asemblea Extraordinaria no Pazo da Peregrina para elixir a candidatura que concurirrá nas próximas eleccións municipais de maio. A candidatura, presentada polo Secretario Xeral e actual alcalde do Concello de Ames, Blas García, foi aprobada por aclamación nunha votación realizada entre os militantes socialistas.
A candidatura está conformada por 25 persoas, das cales repiten arredor do 64% con respecto á lista anterior. Blas García indicou que se trata dunha “candidatura de continuidade, paritaria e na que aparecen representadas todas as parroquias do concello de Ames, con especial peso para o rural” ao contar con persoas das distintas parroquias nos primeiros postos da lista. Así mesmo, na Asemblea foi posible coñecer as novas caras da candidatura, as cales dan un paso adiante con “ilusión por unir esforzos a un proxecto de futuro para Ames”.
O alcalde sinalou que é preciso contar con todas as persoas do municipio comprometidas co desenvolvemento de Ames, “só así seguiremos progresando, crecendo e mellorando”. Dende os Socialistas de Ames afirman que “incorporar novas persoas permite representar todos os sectores e todas as visións da nosa sociedade.”
Finalmente, o Secretario Xeral manifestou a súa satisfacción por contar cun “equipo inmellorable” de cara ás vindeiras eleccións: “Contamos con persoas que xa saben o que é xestionar Ames e que coñecen cada recuncho do noso concello. Somos persoas humildes e traballadoras. E para nós o máis importante é o benestar dos nosos veciños e veciñas”, sinalou o Secretario Xeral dos Socialistas de Ames. O rexedor aproveitou a ocasión para agradecer a labor realizada por parte dos actuais concelleiros e concelleiras: “Ames atópase hoxe en mellor situación grazas ao voso esforzo e dedicación”.
Blas García, que encabezará por primeira vez a candidatura do PSdeG-PSOE en Ames, expresou que o partido socialista aspira a repetir como forza electoral máis votada en maio e reivindicar a boa xestión realizada durante este mandato caracterizado pola estabilidade e os continuos avances que permiten situar a Ames como unha referencia en Galicia.
Candidatura Socialista para as eleccións municipais
de maio de 2023 do Concello de Ames
- José Blas García Piñeiro
- Susana Señorís Rodríguez
- Victor Manuel Fernández Prieto
- Ana Belén Paz García
- Gustavo Nieto Santiago
- Uxía García Otero
- Javier Antelo Seoane
- Carmen Porto Rey
- Beatriz Martínez Domínguez
- Ramón Bouzas Capeáns
- Beatriz Vázquez Pérez
- José Pazos Balsa
- Inés Olmo González
- Carlos Trías Sánchez
- María Carmen Lemos González
- Santiago Márquez Noya
- Elisa Suárez Vázquez
- Anton Rivas Seijas
- Teresa Facal Castro
- María Isabel González Cancela
- Francisco Villaverde Marcos
S.1. Jesús Carreira Vázquez
S.2. Ofelia Mayo Romarís
S.3. José Pose Souto
S.4. María Torre París