- O alcalde socialista, Blas García, destacou que son moitas as persoas e as organizacións que ven en Ames un modelo de concello exitoso do que aprender en materia de conciliación, educación, emprendemento e promoción económica.
Este xoves, día 20 de abril, os Socialistas de Ames presentan a candidatura para as próximas eleccións municipais do 28 de maio nun acto aberto a toda a veciñanza de Ames. Baixo o slogan “Ames como o queremos”, a Casa da Cultura de Bertamiráns (ás 20.30 horas) será o lugar que acolla a presentación pública dos integrantes socialistas. No acto intervirán Susana Señorís (número 2), Víctor Fernández (número 3), Blas García (Alcalde de Ames) e tamén intervirá o Ministro de Sanidade, José Miñones.
O Secretario Xeral e actual alcalde do Concello de Ames, Blas García, sinalou que o equipo dos Socialistas “xa saben o que é xestionar un Concello de máis de 32.000 habitantes” polo que aspiran a “consolidar un modelo de xestión que está sendo unha referencia en Galicia”. O municipio de Ames segue crecendo e mellorando en distintos eidos, feito que o sitúa como un punto de referencia para moitos concellos polas políticas que priorizan o benestar dos veciños e veciñas. Dende os Socialistas de Ames afirman que é “preciso darlle continuidade ao traballo iniciado neste mandato, e isó só o pode garantir un goberno socialista”.
O rural de ames conta cun peso especial na candidatura socialista, a cal recibiu o apoio maioritario dos militantes, xa que incorpora nos primeiros postos da lista a persoas que viven no rural amesán. O alcalde socialista sinalou que “o proxecto socialista goberna para todos os veciños e veciñas, e por iso é preciso contar con todas as voces do noso concello para seguir mellorando”.
O balance deste mandato é positivo. “A pesar das dificultades derivadas da pandemia e da inflación logramos cumprir os principais compromisos do programa. A través do diálogo e do consenso é posible gobernar e sacar adiante proxectos que van beneficiar non só aos amesáns de hoxe, senón tamén ás vindeiras xeracións”, resaltan dende o Partido Socialista.
Blas García, candidato á alcaldía en Ames, expresou que o partido socialista aspira a repetir como forza electoral máis votada o 28 de maio e reivindicar a boa xestión realizada durante este mandato caracterizado pola estabilidade e os continuos avances que permiten situar a Ames como unha referencia en Galicia. “Os Socialistas somos os únicos que podemos afirmar que gobernaremos dende o primeiro día pensando nos veciños e veciñas de Ames”.
Candidatura Socialista para as eleccións municipais
de maio de 2023 do Concello de Ames
- José Blas García Piñeiro
- Susana Señorís Rodríguez
- Victor Manuel Fernández Prieto
- Ana Belén Paz García
- Gustavo Nieto Santiago
- Uxía García Otero
- Javier Antelo Seoane
- Carmen Porto Rey
- Beatriz Martínez Domínguez
- Ramón Bouzas Capeáns
- Beatriz Vázquez Pérez
- José Pazos Balsa
- Inés Olmo González
- Carlos Trías Sánchez
- María Carmen Lemos González
- Santiago Márquez Noya
- Elisa Suárez Vázquez
- Anton Rivas Seijas
- Teresa Facal Castro
- María Isabel González Cancela
- Francisco Villaverde Marcos
S.1. Jesús Carreira Vázquez
S.2. Ofelia Mayo Romarís
S.3. José Pose Souto
S.4. María Torre París