Miñones destacou que a candidatura “é o reflexo dos e das amesás, xa que son persoas implicadas na sociedade en diversas áreas: colectivos veciñais, culturais, asociacións educativas ou no comercio local”

Esta tarde os e as Socialistas de Ames presentaron e aprobaron en Asemblea Extraordinaria a candidatura coa que concorrerán ás eleccións municipais do mes de maio. Tras o inicio da Asemblea tanto o secretario xeral, Blas García, como o candidato e actual alcalde, José Miñones, explicaron o proceso de elaboración da lista, ao que o alcalde definiu como “complicado” porque “sempre é moi delicado poñer nomes de persoas nunha lista, e non é algo agradable ter que elixir”. Explicaron, ademais, que na candidatura aprobada se intentan conxugar varios aspectos, tales como a parroquia dos membros ou a paridade da candidatura para facela cremalleira, etc.

Á citada asemblea asistiron ademais dos e das militantes, os membros da candidatura, os cales foron presentados á mesma por José Miñones. Miñones destacou que a candidatura “é o reflexo dos e das amesás, xa que son persoas implicadas na sociedade en diversas áreas: colectivos veciñais, culturais, asociacións educativas ou no comercio local”; e, dixo, ademais que, “todos os membros da lista son importantes, con independencia do posto no que figuren, porque o importante é o equipo completo”.

Renovación dun 30 por cento.

Informouse na asemblea que aínda que a base desta candidatura é a da presentada fai catro anos atrás e coa que se conseguiu acceder á alcaldía, existe unha renovación do 30 por cento e incorpóranse nos 21 primeiros postos da lista sete persoas:

5. Manuel Lens Cernadas. Presidente da A.VV. de Oca.

6. Beatriz Martínez Domínguez. Presidenta da Anpa do IES de O Milladoiro

8. Ana Belén Paz García. Relacionada co comercio local de Bertamiráns

9. Santiago Márquez Noya. Presidente da A.VV. de Bugallido

11. Marcos Mittelmeier Francisco. Presidente da A.VV de Piñeiro

12. Beatriz Vázquez Pérez. Secretaria da Confraría da Virxe Peregrina

13. Francisco J. Lamas Ferreiro. O Milladoiro

Saímos a ganar

O candidato socialista, José Miñones, fixo un pequeno balance do actual mandato do que dixo sentirse orgulloso e afirmou que “temos que saír a explicalo e a defendelo coa cabeza moi alta e satisfeitos polos logros acadados”. Seguiu comentando que o slogan de campaña no 2015 era o de “Queremos outro Ames”, e que “nestes catro anos conseguimos ese Ames desexado: un Ames máis social e máis preocupado polas persoas, un Ames con máis e mellores infraestruturas, un Ames saneado economicamente, un Ames preocupado polo rural, etc.”, “pero -continuou dicindo- sabemos que aínda queda moito por facer e moito que traballar e por iso imos saír a ganar para continuar co traballo destes catro anos”.

O secretario xeral do PSdeG, Blas García, agradeceu o apoio dos e das militantes socialistas e animounos a traballar forte durante estes meses para conseguir ser primeira forza política, e doulle as grazas aos candidatos e candidatas por dar “este paso tan importante e saír ratificar coa súa presenza na candidatura socialista o traballo realizado durante estes anos”

CANDIDATURA PSdeG-PSOE DE AMES ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

  1. José Miñones Conde. Ortoño
  2. Luísa Feijóo Montero. O Milladoiro
  3. Blas García Piñeiro. Ortoño
  4. Susana Señorís Rodríguez. Bertamiráns
  5. Manuel Lens Cernadas. (Independente) Oca-Ames
  6. Beatriz Martínez Domínguez. (Independente) O Milladoiro
  7. Víctor Fernández Prieto. O MIlladoiro
  8. Ana Belén Paz García. (Independente) Bertamiráns/Ames
  9. Santiago Márquez Noya. (Independente) Bugallido
  10. Mari Carmen Lemos González. Covas
  11. Marcos Mittelmeier Francisco. (Independente) Piñeiro
  12. Beatriz Vázquez Pérez. (Independente) Bertamiráns
  13. Francisco J. Lamas Ferreiro. O Milladoiro
  14. Carmela Pardal. O Milladoiro
  15. José Pazos Balsa. A Ameixenda
  16. Elisa Suárez Vázquez. Agrón
  17. Rafael Castro Duro. Covas
  18. Rosa Fernández Vázquez. O Milladoiro
  19. Carlos Trias Sánchez. Bugallido
  20. Ofelia Mayo Romarís. Trasmonte
  21. Isabel González Cancela. Milladoiro

Suplentes

  1. Francisco Villaverde Marcos. Ames
  2. Teresa Facal Castro. Ortoño
  3. Xurxo Santiso Blanco. Ames
  4. Carmen Patrón Gómez. Ortoño
  5. Jesús Carrera Vázquez (Beiro). Ortoño