Ábrese o prazo para solicitar as axudas municipais de adquisición de libros de texto e material escolar

libros_estudante
Desde o día 15 de setembro pódense presentar as solicitudes para participar na convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Estas axudas están dirixidas ao alumnado de 2º ciclo de educación infantil

Esta convocatoria de axudas foi aprobada en Xunta de Goberno Local e a contía máxima destinada á mesma ascende a 18.500 euros. As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello de Ames entre o 15 de setembro e o 15 de outubro de 2013 e están dirixidas ao alumnado de 2º ciclo de educación infantil.

As axudas están destinadas a financiar os gastos efectuados desde o 1 de xullo ao 31 de decembro de 2013 en libros de texto e material escolar polo alumnado integrado en unidades familiares empadroadas no Concello de Ames, sempre que os alumnos/as estean matriculados durante o curso 2013-2014 nalgún curso de educación infantil (2º ciclo), nun centro sostido con fondos públicos. O obxectivo é intentar sufragar parte do gasto que cada ano teñen que realizar todos os pais e nais de Ames para comprar material escolar para os seus fillos/as.

As axudas teñen uns límites económicos por alumno que se establecen nas bases da convocatoria. Deste xeito, as unidades familiares cunha renda per cápita de menos do 50% do IPREM recibirán un importe máximo de axuda de 120 euros; as que conten cunha renda per cápita do 50% ata o 75% do IPREM, recibirán 100 euros, e para as unidades familiares con renda per cápita do 75% ao 100% do IPREM a axuda será de 80 euros.

Descargas

Bases da convocatoria de axudas para adquisición de libros de texto
Impreso de solicitude da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *