Ames pon en marcha unha campaña contra a violencia de xénero co apoio de todas as forzas políticas da Corporación

1fotos_grupo_escaleiras

A campaña inclúe un concurso de tuits e fotos dirixido a concienciar á poboación máis nova.

1paco_villaverdeO Concello de Ames acaba de poñer en marcha o primeiro concurso de fotografías e tuits contra a violencia de xénero. O obxectivo é concienciar aos mozos/as sobre a erradicación da violencia de xénero. Este concurso enmárcase dentro da campaña que leva por lema “Coa miña chistera fago desaparecer a violencia”. Todos os asistentes, entre os que se atopaban representantes de todos os grupos políticos con representación na Corporación Municipal, posaron cunha chistera morada e cun cartel no que se ve reflectido o lema da campaña. Tanto as chisteras como os carteis estarán a disposición dos que queiran participar en diferentes instalacións municipais: nas oficinas do Concello, nas Casas da Cultura de Bertamiráns e o Milladoiro, e nas instalacións dos IES de Ames e do Milladoiro.

Á presentación asistiron o alcalde de Ames, Santiago Amor; a concelleira de Benestar Social, María Eugenia Martín; o concelleiro de Educación, Bernardo Moar; a concelleira de Maiores, María Carmen Verde; os concelleiros socialistas Francisco Villaverde e Isabel González, e os concelleiros non adscritos Anxo Doval, Pilar Candocia, Manuel Ferreiro, María González e Alfonso Rey. Tamén asistiu a directora do IES de Ames, Marisol Louro e traballadores/as municipais de Servizos Sociais e doutros departamentos.

1isabel_gonzalezCon motivo da celebración o vindeiro 25 de novembro de 2013 do Día internacional de loita contra a violencia de xénero, o Concello de Ames, a través da Concellería de Benestar Social, puxo en marcha a primeira edición do concurso de fotografías e tuits contra a violencia de xénero. O obxectivo deste concurso, enmarcado na campaña que leva por lema “Coa miña chistera fago desaparecer a violencia”, é incrementar a concienciación e sensibilidade da xuventude de Ames ante esta lacra social. Este concurso está dirixido aos mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos. A participación realizarase a través da rede social Twitter. Os tuits e as fotos deberán enviarse entre o 21 de outubro e o 21 de novembro, ambos incluídos. Cómpre destacar tamén que os tuits que participen no concurso deberán incluír o hastag #amessenviolencia e facer mención ao perfil @IgualdadeAmes. As bases do concurso poden descargarse da web www.concellodeames.org.

Nesta campaña pode participar todo o mundo, pero o obxectivo principal é concienciar aos máis novos sobre esta lacra, para poder loitar todos xuntos contra ela. Establécense dúas categorías para concursar: unha de tuits e outra de fotografía. Os tuits poderán incorporar unha fotografía do autor/a vestindo a chistera morada que é símbolo desta campaña e cun cartel no que vai incorporado o lema “Coa miña chistera fago desaparecer a violencia”. Para facilitar a participación, o Concello de Ames repartirá chisteras polos centros educativos do municipio e polas dependencias municipais co obxectivo de que todas aquelas persoas que o desexen poidan facerse a foto e participar no concurso.

1elisa_psoeA Concellería de Benestar Social nomeará un xurado integrado por cinco persoas, que será o encargado de avaliar os tuits e as fotografías presentadas a concurso. Este xurado estará integrado polo alcalde de Ames, a concelleira de Benestar Social, dous técnicos municipais da área de Igualdade e un membro do departamento de comunicación. Os criterios de valoración para elixir ás persoas gañadoras serán o contido e o tratamento do tema, a orixinalidade e a capacidade de impacto da mensaxe.

O xurado emitirá o seu fallo antes do día 23 de novembro, que se fará público na web municipal (www.concellodeames.org) e no perfil de Twitter @IgualdadeAmes. Neste fallo designarase o mellor tuit e a mellor fotografía presentada a concurso. A identificación persoal dos/as autores/as realizarase unha vez emitida a resolución do xurado. As persoas seleccionadas deberán responder nun prazo de 48 horas; se transcorrido ese tempo non houbera resposta, entenderase que renuncian ao premio. Os premios para as persoas gañadoras en cada unha das dúas categorías será unha tablet.

Bases do concurso da campaña Contra a Violencia de Xénero

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *