Amosan a súa perplexidade ao constatar que as oficinas de recadación de Ames están pechadas

Imagen 4

Ante as reiteradas preguntas ao alcalde por como estruturaría a Deputación Provincial o servizo tributario sempre obtivemos “a calada por resposta”

Miñones: “Queda patente que pasa –o alcalde- dos veciños e veciñas de Ames cara os que amosan unha total e absoluta falta de respecto”

O pasado mércores remitimos unha nota de prensa na cal amosábamos a nosa preocupación ante o remate do prazo de xestión das competencias tributarias do concello de Ames por parte da empresa que ata esa data as viña realizando e o cambio para a Deputación Provincial de A Coruña. Nese comunicado preguntabamos como quedaría estruturado o servizo a partires do mes de febreiro (data na que se a Deputación se facía cargo) e pediamolle ao alcalde, Santiago Amor, que dese as explicacións oportunas, sobretodo para que os amienses tivesen a información oportuna de como, a que horas e a onde dirixirse para poder realizar as súas xestións tributarias. “E como sempre obtivemos a calada por resposta”, apunta José Miñones. “Santiago Amor está sempre que se necesita apagado ou fóra de cobertura, porque nunca contesta a ningunha das preguntas que se lle fan”.

Durante o pleno celebrado onte a concelleira do Grupo Socialista, Isabel González Cancela, preguntoulle, novamente, ao alcalde: “cantas oficinas vai a poñer a Deputación no noso concello? que horario van a ter? e, canto persoal haberá nesas oficinas?”. A resposta do alcalde foi que xa no lo pasaría por escrito.

Pero hoxe, durante o primeiro día da xestión tributaria por parte da Deputación atopámonos con que as dúas oficinas existentes ata o de agora (Milladoiro e Bertamiráns) atópanse pechadas ao público sen ningún tipo de información previa por parte do goberno municipal, a pesares das reiteradas solicitudes. Esto só é unha nova mostra máis da “manifesta xestión deste goberno e do seu preocupante pasotismo” posto que “queda patente que pasa dos veciños e veciñas de Ames cara os que amosan unha total e absoluta falta de respecto”, recalca o Portavoz Municipal do Grupo Socialista. O alcalde ten que ser serio e responsable, e demostra que non o é cando oculta información a sabiendas, porque coñecía que as oficinas ían a estar pechadas e non o dixo no Pleno

Polo que os Socialistas de Ames reiteran unha vez máis a súa petición para que o alcalde explique con claridade e de maneira definitiva como vai a quedar estruturado o servizo de tributación que está xestionando a Deputación de A Coruña e ademais “que aclare cales son os beneficios que obtén o noso municipio para que se producise o cambio na xestión”, recalca José Miñones.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *