Analizarán nunha charla a LOMCE e os cambios na educación pública

O luns 13 de outubro contarán con Guillermo Meijón e Vicente Docasar para expoñer e debater o que supón a aplicación da nova lei educativa

A Executiva Municipal dos Socialistas de Ames organiza este luns unha charla sobre a nova Ley Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) que se comenzou a aplicar este curso escolar. A charla que leva por título: A LOMCE: que cambios supón para a educación pública? contarán coa presenza de Guillermo Meijón Couselo, deputado no Congreso e portavoz adxunto na comisión de Educación; e de Vicente Docasar, parlamentario autonómico e Secretario de Educación do PSdeG.

Os socialistas sinala que a aplicación desta lei na nosa comunidade supón un retroceso importante na calidade do ensino, xa que se diminúe a oferta educativa, amplíase a ratio de alumnos por aula e redúcese o número de profesores e docentes nos centros educativos. Ademais, destacan que a aplicación durante este curso da lei por parte do executivo foi improvisada e sen tempo a realizar os preparativos necesarios para que entrase en funcionamento dun xeito racional e organizado. Os sindicatos, as anpas e a comunidade escolar manifestaron de maneira firme e reiterada o seu malestar polo xeito non que entrou en vigor a LOMCE.

“Unha vez comezado o curso é un bo momento para poñer en común os cambios que introduce a denominada Lei Wert, e como inflúen estes na calidade educativa”, di o secretario xeral do PSdeG de Ames, Francisco Villaverde; por iso “queremos contar coa opinión dos pais e nais e dos profesionais da educación para entre todos sacar as conclusións oportunas xa que para nós é fundamental que o ensino público sexa de calidade”, afirma Villaverde. Por iso, os socialistas invitan á cidadanía a asistir a este debate xa que é algo que nos debe de preocupar a todos.

Os socialistas amienses dan así comezo a un novo ciclo de charlas e mesas redondas nas que debaterán sobre diversos temas de interese para a cidadanía: as redes sociais e a mocidade, a igualdade, os impostos municipais ou a sanidade pública son algunhas das cuestións que tratarán nos vindeiros meses. “A nosa intención é facer un partido aberto e útil á sociedade amiense, por iso queremos poñer en común opinións e información sobre diversos temas de interese”, explica Francisco Villaverde.

A LOMCE: que cambios supón para a educación pública?
⎯ Luns 13 de outubro ás 20:30 horas.
⎯ Pazo da Peregrina. Bertamiráns

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *