Xuntanza con Bugallo

Os socialistas de Ames mantiveron unha xuntanza de traballo onte mércores co Parlamentario responsable da comarca de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, na que estudiaron e analizaron como afectan os orzamentos da Xunta de Galicia para 2013 ao concello de Ames.

Na xuntanza, na que participaron membros da Executiva Municipal e do Grupo Socialista no concello, Sánchez Bugallo explicou que segundo os orzamentos autonómicos o investimento previsto ronda os 6 millóns de euros e contémplanse obras como a ampliación do CEIP de Ventín, o IES do Milladoiro, Traida de augas, o Centro de Saúde do Milladoiro e equipamentos noutros centros de saúde.

Os socialistas de Ames amosaron o seu escepticismo ante estes orzamentos, xa que “son os mesmos de sempre; as mesmas partidas desde fai anos pero que nunca se executan”, dixo José Miñones, o portavoz do Grupo Municipal Socialista. Hai actuacións que veñen aparecendo nos orzamentos autonómicos desde fai anos pero que nunca se dan realizado, o exemplo o temos no centro de saúde que xa foi incluído nos orzamentos dos anos anteriores e non se fixo nada, ou tamén no IES do Milladoiro, o cal aínda non vai a estar en funcionamento para o vindeiro curso 2013-2014, xa que a cantidade asignada, aínda de executarse na súa totalidade, non chegaría para rematar a obra.

INSUFICIENTES PARA AMES

Cren os socialistas, que Ames merece que se atendan as súas necesidades reais e que vai sendo hora que se valore a condición dun concello de 30 mil habitantes que está ao lado da capital de Galicia. “Ames é o concello que nos últimos anos máis medra en poboación de Galicia, pero eso para a Xunta e para o noso goberno municipal pasa desapercibido, porque desatenden infraestructuras necesaria e urxentes para o noso municipio”, – apunta Miñones. Infraestructuras tan necesarias como poden ser a Depuradora de Bertamiráns ou a planta potabilizadora volven a obviarse por parte da Xunta, e lembran os socialistas que xa Agustín Hernández prometeu a depuradora neste útimo ano diante dos veciños e dos medios de comunicación, pero como se pode comprobar “foi un novo incumplimento e un fogo de artificio empregado para enganar aos amienses”.

José Miñones pídelle ao alcalde que “non quede de brazos cruzados, como suele facer, e que presione e vixie ao goberno da Xunta para que cumplan o prometido”, e espera que “os conflictos internos non pasen factura neste tema tamén, e se convirta no primeiro amiense á hora de solicitar á Xunta os investimentos necesarios”. Avisa tamén o portavoz municipal que “os socialistas convertirémonos nos inspectores que supervisaremos o cumplimento ao 100 por cen dos orzamentos do 2013”, porque “non consentiremos un novo engano aos veciños e veciñas de Ames”.