piso_milladoiro

Os socialistas reclaman máis participación e compromiso do goberno municipal e dos demais grupos políticos para futuras actividades.

O pasado venres estaba convocada na Casa de Cultura do Milladoiro unha charla coloquio na que se ía a debatir sobre a relación entre a hipoteca e os desafiuzamentos, e que tivo que suspenderse debido á escasa asistencia de persoas. Esta actividade estaba enmarcada dentro das accións informativas organizadas pola Comisión Municipal de Desafiuzamentos, da que forman parte todos no que participaron representantes dos grupos políticos, traballadores dos Servizos Sociais municipais, representantes de Cáritas e de Stop Desafiuzamentos e está presidida polo goberno municipal.

Os Socialistas vémonos na obriga de denunciar a nula implicación do goberno que dirixe Santiago Amor, posto que no citado acto, a pesares ter carácter municipal, non contou coa presenza de ningún dos membros do goberno de Ames. Ademais de amosar unha total e manifesta falla de respecto e educación ao non acudir a recibir aos profesionais invitados a impartir a charla. Imaxinamos que os cinco membros que conforman a equipo de goberno terían outras actividades ou ocupacións moito máis importantes, ou alomenos interesantes que participar e apoiar unha charla na que se trataba o tema das hipotecas e os desafiuzamentos.

Comisión creada a través dunha moción do Grupo Socialista
Lembramos que esta comisión foi posta en marcha o pasado 21 de maio como consecuencia dunha moción do Grupo Socialista e co apoio unânime de todos os concelleiros e concelleiras da Corporación, e ten como finalidade a de atender posibles casos e, principalmente, traballar na súa prevención. Pero esto parece que ao Partido Popular de Ames non lle importa demasiado, posto que esta comisión xa foi creada tarde, e debido ás constantes presións da oposición, posto que semellaba que o goberno pretendía alterar un acordo plenario e dilatar no tempo a súa posta en funcionamento.

Na última xuntanza realizada na Comisión Municipal de Desafiuzamentos, que presidíu a concelleira responsable da área, Eugenia Martín, propuxemos que a estas actividades se lle dese a maior difusión para que os veciños e veciñas tivesen coñecemento da súa celebración. Na comisión acordouse enviar por medio dos nenos e nenas dos colexios unha nota informativa, facer bandos e pegalos por todo o concello, poñerse en contacto coas asociación de veciños, etc. … pero nada de iso se fixo. O goberno amosando unha desidia absurda só elabourou e difundíu uns poucos carteis, colgou unha nota na web municipal tan só dous dias antes do acto e mandounos un mail aos mebros da Comisión, dando por feito que con estas accións xa os veciños e veciñas do Milladoiro estarían informados da charla.

Maior participación e implicación de todos os grupos
Ante o “éxito” obtido na convocatoria da primeira actividade, na que só estábamos presentes as dúas persoas que viñan a dar charla, dúas traballadoras municipais, unha persoa que viña acompañando a unhas das traballadoras e dous membros do Grupo Socialista; esperamos que a organización e difusión da seguinte charla –que terá lugar en Bertamiráns- sexa mellor e polo tanto se corrixan os erros cometidos na organizada para o Milladoiro. E reclamamos, polo tanto, maior implicación e interese por parte do goberno municipal de Ames e de todos os grupos políticos, posto que de pouco vale facer discursos e intentar dar leccións e reclamando, se despois o compromiso e a participación é inexistente.