Obras

Miñones pídelle ao goberno que “recupere o antiguo proxecto” do goberno socialista “e contará coa nosa fiel colaboración para darlle ao Milladoiro o que realmente necesita”

Os socialistas de Ames queren amosar o retraso co que se están levando as obras de acondicionamento da Travesía do Porto no Milladoiro. O goberno presidido por Santiago Amor veu demorando en reiteradas ocasións o inicio das obras tan necesarias e demandas polos veciños e veciñas do Milladoiro, permitindo incluso que esta zona crucial chegase a presentar un estado de abandono total e fose fonte das críticas dos veciños e usuarios da travesía.

Con meses de demora iniciaron a principios deste ano “un rebacheo que non solucionará nin cubrirá as necesidades da zona”, di José Miñones. Os socialistas levámolle preguntando nos plenos en reiteradas ocasións -desde o verán pasado- ao equipo de goberno polo inicio destas obras e sempre nos respostaron con evasivas e disculpas. “Queda patente que este alcalde non é consciente da importancia desta arteria de comunicación do Milladoiro que é un lugar que conta cun importante tránsito, tanto de vehículos como de peóns”, recalca o portavoz socialista; polo que consideramos que a obra, ademais de chegar tarde, non responde ás esixencias do lugar posto que un investimento de 62.000 euros para a aplicación dunha capa de aglomerado e o pintado da sinalización horizontal e do trazado de vía e á instalación duns semáforos “non é o que realmente precisa toda esta zona e o seu entorno, e estase impedindo o desenvolvemento dunha zona vital do Milladoiro e polo tanto tamén do concello”, apunta Miñones.

O PROXECTO DO GOBERNO SOCIALISTA

Chegado o momento ao mellor é necesario confrontar os proxecto de ambos para demostrar que ao goberno de Amor chégalle “cunha man de chapa e pintura” para mellorar todo este entorno norte do Milladoiro, pero os socialistas temos a convicción que “esto só vai a ser un remendo sobre o que haberá que volver a actuar dentro de pouco tempo”.

No PSdeG-PSOE sempre amosamos unha preocupación especial por esta zona porque éramos e somos conscientes da súa importancia para o desenvolvemento do Milladoiro, por eso xa cando gobernamos tiñamos previsto levar adiante un macroproxecto de urbanización e dotala de amplas beirarrúas e espazos verdes que permitisen aos peóns circular por este lugar sen preocuparse polo tránsito rodado. A intención do goberno socialista era a de executar un paseo urbano con importantes espazos de uso peonil, cunha calzada central ampla e dous carrís de circulación e aparcadoiros.

Para este proxecto que era infinitamente mellor e moito máis ambiciose que o actual existía xa unha subvención da Deputación Provincial de A Coruña de 400 mil euros, pero queda patente con esta obra que a este goberno e ao seu alcalde “fáltanlle ideas e ganas de traballar polos veciños e veciñas de Ames e polo progreso do concello”, manifesta José Miñones

Para nós a Travesía do Porto é a arteria principal do Milladoiro e necesita tomala en serio e actuar nela pensando no futuro, non mirando só a uns meses vista; por eso e “por responsabilidade lle pedimos ao goberno que recupere o antiguo proxecto e que contará coa nosa fiel colaboración para darlle ao Milladoiro o que realmente necesita”, conclúe José Miñones