Grupo Socialista

Os últimos feitos acontecidos no Concello de Ames deixan ao Municipio nunha situación irreversible e tocado de imaxe e credibilidade.

Para os Socialistas de Ames o cruce de reproches e acusacións que se están a escoitar nas últimas horas entre o Alcalde e o que ata onte foi a súa man dereita, Argibay, están a deixar unha imaxe bochornosa do noso Concello e amosan a irresponsabilidade de quen nos gobernaron ata o de agora.

As declaracións do Sr. Argibay acusando de “mentiroso” ao Alcalde e atacando agora a pouca dedicación de este ao Concello pola súa dobre dedicación coa Deputación pola cal recibe outro soldo, son feitos que foron denunciados hai tempo polo noso grupo ante a pasividade e a calada por resposta dos críticos ao Alcalde. Os Socialistas criticamos esa dobre vara de medir e a hipocresía amosada polos díscolos, xa que tiveron múltiples oportunidades de corrixir esa situación ante a denuncia continua polo noso grupo. Non hai nin un mes que estes concelleiros votaron a favor da reprobación do Alcalde nunha actitude
“cobarde” á vista dos feitos e as declaracións escoitadas nestas últimas horas.

Para os Socialistas a situación a que se chega é moi grave e irresponsable tanto polo Alcalde como polos críticos. Creemos que unha vez mais se pon en evidencia a falta de diálogo do Alcalde, que non foi quen de falar cos seus propios compañeiros, e o que é mais grave, de mirar polos intereses dos Amienses. Para o voceiro socialista, Jose Miñones “O sector crítico, coa postura tomada no día de hoxe, afoga ao goberno de Amor deixándoo en minoría e sen capacidade de xestión dun Concello de preto de 30.000
habitantes”.

A renuncia as competencias de cada un dos concelleiros sen renunciar as súas actas, agravará mais se cabe a nula xestión deste Goberno que non foi quen nestes dous anos de poñer en marcha iniciativa algunha e que a partires de agora vai a ter que xestionar as concellarías de Urbanismo, Reforma Administrativa, Persoal, Deportes, Atención parroquial e Servizos Sociais por tan solo 5 concelleiros, que xa teñen de por si as súas concellarías desbordadas de asuntos. “A actitude de Argibay e os seus é irresponsable porque non miran polo ben dos Amienses, senón polo seu propio, nun pulso vergonzoso co Alcalde que ao único que levará é a parálise total do Concello”, afirma o voceiro Socialista.

O Grupo Socialista pedirá explicacións do acontecido ao Alcalde Amor ben sexa nunha xunta de voceiros ou nun pleno extraordinario. Dende este Grupo municipal entenden que o momento que se está a vivir obrígalles a usar o sentido común e a facer prevalecer o acadado nos últimos 8 anos de Goberno Socialista, “Non podemos permitir que se veña abaixo todo o conseguido nos anos anteriores polo ego de dous persoas, e por iso traballaremos por sacar cantos máis asuntos, proxectos e acordos, negociando con quen teñamos que negociar, sen pechar as portas a ninguén e cun fin único: o beneficio dos Amienses, sen perder a nosa postura de oposición e control do Goberno”, sentencia Jose Miñones.