Denuncia que se incumpren os horarios das oficinas de recaudación

Recadación

O Grupo Municipal demanda que se cumpran os horarios fixados en Bertamiráns e reclaman que se abra a oficina do Milladoiro

Miñones: “Novamente temos que asistir e sufrir os incumplimentos reiterados do alcalde que engana día si e día tamén aos veciños e veciñas de Ames”

Tal e como vimos denunciando os Socialistas de Ames en reiteradas ocasións, vemos como por parte da alcaldía se está a mentir e a enganar aos cidadáns no relativo aos horarios de apertura e atención ao público das oficinas de recadación municipal en Bertamiráns e o Milladoiro. A pesares de que o concello anunciou e informou (mediante nota de prensa e na propia web municipal, así como por escrito a este grupo) que mantería a atención aos contribuíntes se realizaría de luns a venres en horario de 9:00h a 14:00h os luns e mércores en horario de 16:30h a 18:30h e na nova oficina de Bertamiráns da rúa Ameneiral, e nas oficinas municipais do Milladoiro de 9:00h a 14:00h, a realidade é ben distinta, xa que ata o de agora a oficina de Milladoiro aínda non abríu nunca desde que a Deputación Provincial se fixo cargo da xestión tributaria, e a de Bertamiráns só abríu en horario de mañán, co que “novamente temos que asistir e sufrir os incumplimentos reiterados do alcalde que engana día si e día tamén aos veciños e veciñas de Ames”, di o portavoz municipal, José Miñones.

Como moito nos temíamos, o cambio do servizo tributario ía a traer problemas e cambios en negativos para a cidadanía e desgraciadamente o paso do tempo estanos a dar a razón, posto que como se está a comprobar estanse a recortar os servizos; e desde o Grupo Socialista aínda non entendemos o porque deste cambio que veu dado unicamente polo capricho do alcalde, polo que novamente lle esiximos que “que aclare cales son os beneficios que obtén o noso municipio para que se producise o cambio na xestión das competencias tributarias”, recalca José Miñones.

Pero ademais, o concello atoparase cun novo problema para realizar a xestión dalgúns dos impostos, porque como xa anunciamos, tamén, dentro das competencias tributarias da entidade provincial non entra a xestión catastral e a inspección do ICIO, a cal por tanto deberá de realizala o concello de Ames, que carece de persoal para esta tarefa. Ademais, non está claro o beneficio que pode repercutir no concello a xestión doutros tributos como as multas; por tanto hai temas que non son menores e que o concello ten a obriga de explicar de maneira clara e sin escapar da verdade.

Por desgracia, e ante a incompetencia deste goberno somos os amienses os que estamos a pagar e a sufrir a súa nefasta xestión mediante a cal o único que están a facer é a recortarnos e a encarecernos servizos; e “demandamos con contudencia que se cumpran os horarios de atención estipulados e se abra a oficina do Milladoiro”, manifesta José Miñones; e esperamos que todos estes cambios non repercutan finalmente noutro novo incremento nos impostos municipais, porque “sería xa a gota que desbordase o vaso da paciencia dos veciños e veciñas de Ames”, finaliza Miñones.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *