Paco Villaverde

“Non imos permitir que os veciños e veciñas de Ames sufran pola pésima xestión do seu alcalde”

“Quero conseguir a confianza e o respaldo do noso electorado, especialmente o que se atopa nun estado máis pasivo”

Mestre de escola, colaborador deportivo e orientador de nenos e mozos, alcalde, … Son algúns dos diplomas que se gañou a pulso durante a súa vida profesional; por iso, a de mellor amigo solidario e honesto, é o emblema que mellor lle pinta de corpo enteiro. Francisco Villaverde Marcos, é o seu nome e apelidos, quen desde fai uns meses é o novo Secretario Xeral da Executiva do PSdeG-PSOE en Ames. Por tal motivo charlamos con este carismático dirixente político que nos conta os obxectivos e metas que se propón encumbrar durante a súa xestión, sempre en beneficio de Ames e os seus veciños e veciñas. A continuación a entrevista sostida:

Díganos, que foi o que motivou ou propiciou que aceptara a secretaría Xeral do PSdeG de Ames?
Logo das últimas eleccións municipais, o Grupo Socialista quedou desarticulado. Quedou abatido polo revés electoral, logo de oito frutíferos anos de goberno local. En vista diso os socialistas de toda a vida deste concello, contactaron comigo na primavera do 2012 e invitáronme a unha reunión de carácter informal, na que se analizaron as causas e consecuencias da derrota electoral da nosa Agrupación, polo que se chegou á conclusión que estabamos mal, e que a partir desa triste realidade urxía poñerse de pé e seguir adiante. Co cal, era indispensable seguir no panorama político local pero cunha efectiva e real renovación do cadro de dirixentes. Era a hora do firme cambio construtivo interno; e con iso, retroalimentar o espírito socialista en Ames, e deixar atrás a amarga realidade da perda do control do goberno municipal.

Logo houbo unha reunión máis, outra e outra en procura dun férreo eslabón de unidade na nosa Agrupación Local. En vista diso, fun invitado polo Secretario Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña a unha xuntanza na que me comentou e propúxome a posibilidade de asumir a responsabilidade de dirixir o Grupo Socialista de Ames. Debo confesar que me motivou esta proposición, por canto o Comité Executivo Provincial confiaba en min, e por conseguinte, pedíame colaboración.

Consciente da difícil situación da Agrupación Local, e da situación actual a todos os niveis, e despois de consultar coa familia, pasada esa semana comuniquei ao secretario Provincial que aceptaba en firme recompoñer en forma organizada unha nova executiva para empezar unha renovada etapa nos Socialistas de Ames.

Cales son os seus propósitos a conseguir?

En primeiro lugar, conseguir a confianza e o respaldo do noso electorado. En especial, do que se atopa nun estado máis pasivo, posto que se o noso potencial electorado non vai depositar o seu voto nos próximos compromisos electorais, é que dun ou doutro xeito estarase apoiando á dereita. E esa situación non debe de producirse. Non debe! De aí, todo o noso esforzo por ser dignos da súa plena confianza, e conseguir que a nosa militancia e os nosos simpatizantes depositen nas urnas a súa respectiva papeleta socialista.

Cales son os seus obxectivos a alcanzar ao fronte da agrupación socialista de Ames?

Os obxectivos e metas que me propoño lograr na miña xestión apuntan a que o noso tradicional soporte electoral, e a gran masa de votantes que está desmotivada ou non definiu aínda que opción política apoiar ou votar, vexa no noso Partido a representación, consecución e defensa dos seus anhelos e perspectivas veciñais, e xa agora, no que resta deste penoso período de goberno municipal do Partido Popular.

Outra acción primordial de traballo, é aportar democracia no interior da nosa Agrupación, escoitando a todos os militantes e simpatizantes; e polo tanto, tomando en conta as súas achegas. Noutras palabras: darlle voz ás bases, sen distinción algunha. Facerlles ver que a súa opinión terá espazo e tribuna.

Ademais, é o noso propósito entablar unha relación fluída con todos os estamentos da sociedade amiense, como tamén dar a coñecer o noso traballo a toda a veciñanza.

Paco VillaverdeRespecto ao contacto ou á proxección coa veciñanza de Ames, como o teñen definido ou o están levando?
Pois cada vez estamos tendo maior contacto cos veciños, na tarefa de escoitar, ter presente as súas preocupacións ou acollendo as súas propostas ou obxectivos. Para tal efecto, estamos mantendo reunións con eles no local da nosa Agrupación. (Rúa Agrelo, nº 10 ofic. 13).

Agora ben, do mesmo xeito estamos reuníndonos cos representantes e directivos de numerosos e diferentes entes comerciais, institucionais e asociacións veciñais de Ames, coa finalidade de coñecer as súas formulacións; e con iso, facer de Ames un concello moderno e de futuro, contando coa participación de todas as forzas vivas que o compoñen.

E para rematar, algo máis que desexe expresar, e que se lle está quedando no tinteiro?
Unha vez máis, reiterar que esta renovada Agrupación Socialista que encabezo, está capacitada para brindar todo o seu esforzo por traballar con honestidade e coñecemento de causa por un efectivo e real crecemento de Ames; e en virtude diso, en beneficio de todos os veciños e veciñas. Repito, de todos.

A IRRESPONSABILIDADE DE AMOR E ARGIBAY LEVOU A UN CAOS TOTAL A AMES

Que opina da situación actual do Partido Popular?
O PP accede ao goberno municipal de Ames sen esperalo. É evidente a súa falta de equipo xa que se apreciaba unha bicefalia clara entre o alcalde e o que era o seu segundo. Esta anómala situación orixinou que xurdiran dous grupos ou faccións cos seu respectivos líderes, os cales se dedicaron vergoñentamente a disputar e disentir entre eles desde xaneiro do 2012, en vez de gobernar e preocuparse polo progreso e o desenvolvemento de Ames.

E debo deixar claro que a súa irresponsabilidade, a de Amor e Argibay, levou e está a levar de forma acelerada a un caos total ao noso Concello. Este desgoberno, pon en evidencia o mandato negativo do PP na xestión municipal de Ames, e os veciños e veciñas non nos merecemos esta catastrófica situación.

Na actualidade, ante a marcha dos díscolos do goberno de Ames, cal é a postura do PSdeG?
O Grupo Municipal Socialista hoxe ten unha situación difícil na oposición debido á ruptura dos populares no goberno local. Debemos de apelar á responsabilidade dos nosos veciños e veciñas para que se dean conta que con só catro concelleiros e concelleiras e o alcalde o noso concello non só está paralizado senón que está retrocedendo no que respecta ao seu progreso e na calidade dos servizos que se deben de brindar aos amienses. Ante esta anómala e grave realidade o Grupo Socialista está cumprindo o traballo que lle foi asignado, efectuando aportacións para unha mellor xestión municipal ou apoiando todo aquelo que signifique progreso e beneficie a todos os nosos veciños e veciñas. A todos! porque nós non facemos exclusións.

Con todo, non imos apoiar a este goberno local -que está no caos máis profundo- así porque si; pero tampouco imos permitir que os veciños de Ames sufran pola pésima xestión municipal do seu alcalde.

En reforzo a nosa posición, e en relación á súa pregunta, apoiaremos a este débil goberno municipal do PP no que sexa positivo para Ames, porque hai un compromiso cos amienses. Hai un compromiso de traballo. Porque somos conscientes das nosas capacidades e potencialidades para facer de Ames, novamente un concello modelo en Galicia. Porque, afortunadamente, estamos creando un equipo para gobernar este concello no futuro.

ESTAMOS ABERTOS A COLABORAR E A TRABALLAR SEMPRE POLO BEN DO CONCELLO E EN BENEFICIO DOS CIDADÁNS DE AMES.

Nos próximos días vai tomar posesión novamente como concelleiro socialista. Que retos e obxectivos se marca?
Como xa dixen, a situación política en Ames non é a mellor por culpa das liortas e a división existente, pero eu, conxuntamente co Grupo Socialista só temos un obxectivo que non é outro máis que defender os intereses dos amienses, e dentro das nosas posibilidades favorecer o máximo posible a estabilidade e a gobernabilidade do concello.

Mire, agora mesmo somos o grupo municipal maioritario e a nós pódenos máis o sentido da responsabilidade que calquera outra cousa, e non vamos a consentir que Argibay e Amor intenten converter a Ames nun ring de boxeo no que enfrontarse para derimir quen é o que sabe máis ou o que ten a razón. Nós imos a traballar diariamente para que o concello funcione e estea ao servizo dos veciños e das veciñas.

Vai ser difícil lograr esa estabilidade, xa que a situación non axuda?
Certo, a situación municipal é moi complicada porque hai un goberno de cinco persoas que está adurmiñado, e que ademais carece de experiencia e non da sinais de que teña ideas para mirar cara o futuro con tranquilidade. Amor, o alcalde, demostrou que é un mal dirixente e un pésimo gobernante que non foi capaz de convencer e contentar aos seus, con iso xa lle digo todo. Pero ademais aínda non asumiu a realidade, e pensa que pode seguir actuando coa prepotencia que o facía cando tiña once concelleiros.

Nós estamos abertos a colaborar e a traballar sempre polo ben do concello e, en definitiva, en beneficio dos cidadáns de Ames. Non temos nin outros intereses nin obxectivos que non sexa eses, xa que no momento de crise económica que atravesamos os que nos dedicamos a isto da política só podemos pensar en estar do lado das persoas e en axudarlle a xestionar os seus problemas e a facilitarlle que poidan vivir algo mellor. Pensar outra cousa que non sexa esa faranos fracasar na nosa tarefa coma políticos e, o que é aínda peor, faranos fracasar como persoas.