Miñones: Os concelleiros do PP “son indignos de estar representando ao pobo de Ames”

Pleno Concello Ames
O Grupo Socialista votou a favor do POS por responsabilidade política e social; e, porque entendemos que os veciños de Ames non teñen culpa das guerrillas internas do PP

O Grupo Socialista califica de bochornoso o espectáculo vivido no pleno de Ames. Para José Miñones, voceiro socialista, “non é aceptable nin tolerable que nestes momentos de crise que estamos a vivir o grupo de Goberno siga a facer máis mella na división interna, poñendo en perigo as obras do POS para este ano”.

O Grupo Socialista votou a favor do POS por responsabilidade política e social; e, porque entendemos que os veciños de Ames non teñen culpa das guerrillas internas do alcalde Amor e o primeiro tenente de Alcalde, o señor Argibay; e moito menos da “irresponsabilidade e da falta de respecto cara os veciños e veciñas de Ames”, según apunta José Miñones, ao non ser capaces de deixar a un lado as súas rencillas políticas nin as súas ambicións persoais.

É necesario, e con urxencia, que solucionen os seus problemas, e de non ser así terán que dimitir e abandonar os seus cargos, porque Ames non ten porque seguir aguantando a súa falta de ética política e a súa incompetencia, porque “son indignos de estar representando ao pobo de Ames”, incide o portavoz municipal.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *