Esta candidatura está formada por Xpersoas preparadas e dispostas a trasladar a súa dedicación, tempo e traballo aos veciños e veciñas de Ames.

Os socialistas imos a facer unha campaña en positivo, unha campaña con propostas

Queremos apostar pola Atención Veciñal coa proximidade necesaria. Queremos facer outro tipo de política e abrir as portas e fiestras do concello.

Poñeremos en marcha a oficina da transparencia, onde se publicarán soldos e declaracións de bens e patrimonio de toda a corporación.

Queremos uns servizos sociais de calidade, apostando pola educación, o deporte as políticas de igualdade para todos e todas.

Os socialistas imos a apostar e apoiar polo comercio de Ames. A dinamización do comercio é o crecemento do noso concello.

Boas noites e agradecementos á secretaria de organización do PSdeG, Pilar Cancela, por estar sempre o lado dos Socialistas de Ames. Grazas aos compañeiros e compañeiras da comarca que hoxe nos acompañan. E, un saúdo aos compañeiros e compañeiras de Teo, Brión e Santa Comba que nestes momentos tamén están presentando as súas candidaturas. E aos medios de comunicación!!!

Gracias a todos e cada un de vos por acompañarnos hoxe aquí. A verdade é que estou emocionado de ver esta casa de cultura chea de xente, de amigos, de compañeiros e compañeiras, de veciños … Moitísimas gracias … Porque coa vosa presencia demostramos a aqueles que nos queren boicotear e censurar arrancando os nosos carteis ou tapándoos cos seus, que non nos van a calar!!

Permitídeme que comece facéndovos unha confesión … Temos un equipazo! … Un pedazo de candidatura! A mellor candidatura de Ames e unha candidatura feita para gobernar e gañar as vindeiras eleccións.

Temos un obxectivo moi claro: queremos ser a forza máis votada nas vindeiras eleccións municipais. Queremos ser a primeira forza de Ames. Queremos volver a gobernar Ames porque queremos outro Ames …

Hai uns días presentábase o candidato do PP, e alcalde de Ames, da man do presidente da Xunta. E dicía Feijóo que estaba contento de que Amor fose o candidato do PP a gobernar Ames.

E digo eu … Como non vai a estar contento si nestes 4 anos Amor foi o mellor súbdito que tivo o presidente da Xunta?

Como non vai a estar contento cun alcalde que cala cando a Xunta destina 0 euros nos orzamentos para Ames?

Que cala cando a Xunta retira os 2,7 millóns de euros que tiña para o centro de saúde do Milladoiro?

Que cala cando a Xunta non fai o parque de bombeiros a pesares de ter a parcela … Ou a depuradora de Sisalde que ía estar en 2012 e a pasan para 2027…

Ou que cala cando se incumpren os prazos da potabilizadora ou da nova escola infantil de Bertamiráns???

Claro que está contento o presidente da Xunta … Pero os que non o estamos somos os amienses que durante 4 anos non tivemos un alcalde que defendera os nosos intereses, senón un alcalde do PP, súbdito do seu partido e que só mirou polo seu sillón.

Decía o candidato do PP nesa presentación, que hai catro anos os socialistas de Ames éramos como os músicos do Titanic, que seguíamos tocando mentres o Titanic se afundia.

Pois voulle a contestarlle que si, que os Socialistas de Ames somos así de profesionais e de responsables. Os socialistas de Ames non abandonamos o barco!!! E estivemos facendo o noso traballo dende o primeiro ata o último día, como os músicos do Titanic, e a diferencia doutros.

Co que non podo estar de acordo e coa comparativa entre o Titanic e o concello de Ames de hai 4 anos, creo que ao alcalde traizooulle o subconsciente e xogoulle unha mala pasada a actualidade na que vivimos en Ames a día de hoxe que si se parece ao do Titanic.

O buque de Ames hai 4 anos navegaba a toda máquina, con máis servizos e infraestruturas como o cuartel da Garda Civil, o campo de fútbol de Milladoiro, a Escola Infantil, o Colexio de Infantil, a Aula da Natureza ou o centro ocupacional … Pero coa chegada do PP ao goberno este barco encallou.

Pero isto é o que pasa cando ao fronte dun navío como é Ames se pon a unha tripulación sen experiencia, sen rumbo e sen capitán. O PP chegou ao goberno sen saber que rumbo tomar e sen ter un programa e uns obxectivos realistas. As decisións que por entón tomaron tanto os que agora son PP, como os que se agochan baixo a súa marca branca, foron todas erróneas:

– Aprobaron un plan de axuste (afogamento) que incrementou a débeda e axustou o cinto a todos menos a eles, que mantiveron as súas dedicacións e postos de confianza.

– Aprobaron, uns e outros, o cobro retroactivo do lixo, chamando morosos aos veciños e veciñas. Unha medida inxusta!!.

– Aprobaron unha suba das taxas de comedores, bos días, escola de música, campamentos, imposto de vehículos, etc … E ata do IBI (o cal prometeran baixar)

– Quixeron botar a rúa a 9 traballadores e traballadoras do concello e cargarse a Radio Municipal, o servizo de animación á lectura, a brigada ambiental e o servizo de normalización, polo que si ían a recoller premios.

Durante toda a súa campaña de 2011 mentiron e as súas accións deixaron claro que non lles importa nin os veciños, nin os traballadores do concello, só lles importa o seu sillón e o poder!!

E por iso en tan só 18 meses sufrimos un motín a bordo, unha loita de poder, e máis da metade da tripulación abandonou a sala de mandos e se pecharon na sala de máquinas bloqueando este concello

Sen rumbo, cun capitán ausente e cos motores parados Ames navegou á deriva ata que, como non podía ser doutra forma, encallamos. E co concello paralizado comezaron as fugas de auga:

– Licitacións desertas como a do contrato da auga, os comedores escolares, o servizo de lacería ou outros moitos.

– Perdemos calidade dos servizos como o das escolas deportivas, os campamentos de verán ou os de conciliación e mentres todo isto pasaba os poucos oficiais que quedaban foron abandonando o barco …

Así que si … Os socialistas de Ames somos como os músicos do Titanic, e ata o final aquí seguimos … E seguiremos … E non abandonamos este barco porque estamos convencidos que si gobernamos recuperaremos a estabilidade que tanto necesita este concello.

Xa o temos demostrado durante 8 anos de goberno e 4 de oposición. Gobernamos 4 en coalición e 4 en minoría, e nunca, repito nunca … sufrimos unha situación como a que o goberno en maioría do PP someteu en tan solo 1 ano e medio a este concello.

Pero os socialistas sabemos que non somos perfectos e tamén cometemos erros, e os cometemos no pasado. Non soubemos escoitar as demandas dos veciños nos últimos anos de goberno. Pero aprendemos dos nosos erros e durante 4 anos de oposición nos centramos nos veciños, nos colectivos e nas asociacións.

Temos ben marcada a nosa folla de ruta, nos si sabemos o que queremos para Ames e sabemos que debemos escoitar e tratar de dar solucións aos problemas da xente aplicando o sentido común.

Por iso para os socialistas un dos nosos piares é o que representa a A de Ames: a atención veciñal, e queremos apostar por esta atención coa proximidade necesaria. Queremos facer outro tipo de política e abrir as portas e fiestras do concello.

Para iso recuperaremos o teléfono de atención veciñal e reforzaremos con máis medios e persoal á concellería de atención veciñal que ampliaremos para convertela na concellería de atención, participación e transparencia.

Queremos poñernos ao servizo da xente fomentando a participación da cidadanía coa aprobación do 1º regulamento de participación cidadá e a posta en marcha dos orzamentos participativos.

No tocante á transparencia, a consideramos como algo obrigatorio, e non como opcional e de gobernar poñeremos en marcha a oficina da transparencia, onde se publicarán soldos e declaracións de bens e patrimonio de toda a corporación, á cal instaremos á sinatura do primeiro código ético da corporación de Ames. Ademais instauraremos a axenda aberta do alcalde onde calquera veciño e veciña de Ames poida pedir unha cita co goberno. Onde todos os veciños e veciñas saiban ata onde se gasta o último céntimo do concello.

Ames é o concello máis xove de toda Galicia e esa riqueza é onde queremos dirixir as nosas políticas.

Queremos uns servizos sociais de calidade, apostando pola educación, o deporte as políticas de igualdade para todos e todas.

Tender a man e abrir ao diálogo cos colectivos educativos, deportivos, asociacións é a mellor maneira de facer política. Con pequenas cousas pódense conseguir grandes avances.

Non son tempos de grandes obras nin de promesas e os socialistas non caeremos nesas políticas que practican outros prometendo túneles no Milladoiro ou grandes infraestruturas imposibles.

Queremos ser responsables e queremos poder mirarlle aos ollos a xente e dicirlle que cumprimos con aquelo co que nos comprometemos.

En Ames non hai unha gran industria, nin temos unha gran festa gastronómica que achegue á xente ao noso concello, pero si temos un gran comercio, e por iso quero aproveitar hoxe a comprometerme a que os socialistas imos a apostar e apoiar polo comercio de Ames. A dinamización do comercio é o crecemento do noso concello.

Creemos firmemente que non son tempos de experimentos, xa os sufrimos os amesáns nestes últimos 4 anos.

Non son tempos de promesas como as que fixo o PP hai 4 anos para chegar ao goberno; promesas incumpridas:

Onde está?:

O centro de saúde, o centro de día, a depuradora, a escolas oficial de música ou a gran cidade deportiva de Ames, entre outras…

Pero mentres uns seguen culpándonos dos males do concello 4 anos despois e outros fan oposición da oposición e outros nos tapan os carteis … Nos os socialistas imos a facer unha campaña en positivo,

Unha campaña con propostas como as que aquí acabo de anunciar, ou como as que levaremos para aliviar a situación económica, renegociando as condicións do préstamo de pago aos proveedores e o plan de axuste que afoga a este concello.

O candidato do PP afirma que veña quen veña atopará un concello saneado pero a realidade é que hoxe estamos peor que hai 4 anos.

Temos un concello

– Con mais débeda bancaria (4,1 a 6,5)

– Con mais débeda cos provedores (2,9) despois de poñer a 0 o marcador no 2012 (outubro de 2014)

– Con maior carga fiscal (mais IBI)

– Temos un concello sen apoio da Xunta

– Sen o centro de saúde de Milladoiro, parque de bombeiros, escola infantil, potabilizadora, depuradora de Sisalde, cemiterio… Etc

Non estamos mellor!!

E os veciños deberán decidir dentro de un mes se isto é o que queren para Ames … pero nós temos claro que queremos outro Ames

Queremos un goberno estable que practique o sentido común á política. Próximo coa xente cos colectivos e cun alcalde que mire polos seus veciños e veciñas .

E para lograr todo isto necesítase un bo equipo, un equipo con formación, con ilusión e gañas de traballar, e con experiencia.

E ese equipo é o que o que vos ofrecemos os socialistas … Un equipazo. Unha candidatura de homes e mulleres con formación, experiencia e capacidade.

Nesta lista veredes hai licenciados en dereito, económicas, farmacia, enxeñería agrónomo, psicoloxía, periodismo, filoloxía hispánica. Temos formación.

Temos un equipo con xente nova, con unha media de idade de 45 anos fiel reflexo da sociedade. Temos un lista con ilusión no que o 80% da xente se presenta por 1ª vez.

Temos unha candidatura que leva anos implicada

– Implicada nos colectivos veciñais formando parte das asociacións
– Implicada nos colectivos deportivos dende os clubs
– Implicada nas Anpas educativas
– Implicada ca cultura ou co tecido comercial e empresarial de ames.

Pero ademais esta candidatura conta coa experiencia, unha experiencia necesaria, e con persoas que coñecen ben este concello. Con exconcelleiros de etapas anteriores e concelleiros actuais da etapa da oposición. Con un ex secretario xeral da Xunta e mesmo con un ex alcalde dun concello.

Xente en definitiva preparada e disposta a trasladar a súa dedicación, tempo e traballo aos veciños e veciñas de Ames.

E por iso eu quero agradecer hoxe publicamente a todos eles e a todas elas esta implicación neste tempos tan difíciles. Grazas!

Ver fotos da presentación