Díptico propostas

Díptico (pdf)

Os e as socialistas presentámonos a estas eleccións para recuperar a confianza da cidadanía de Ames, cun goberno que estará baseado na acción dun equipo cheo de transparencia, esforzo persoal, dedicación e ideas. Coas nosas propostas, o noso traballo e a nosa ilusión queremos defender o benestar da xente, gañar o futuro e, en definitiva, mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas.

Este é un resumo das nosas propostas:

QUEREMOS UN CONCELLO ABERTO E TRANSPARENTE QUE APOSTA POLA PARTICIPACIÓN CIDADÁ

  • Portal da Transparencia e Axenda Aberta do Alcalde e dos concelleiros e concelleiras.
  • Regulamento de participación cidadá.

QUEREMOS UN CONCELLO CUNHA XESTIÓN ECONÓMICA EFICAZ

  • Revisión do sistema de financiamento e do plan de axuste.
  • Eficiencia no gasto público cuns presupostos de clara orientación social.
  • Traballaremos con orzamentos municipais participativos que blinden os servizos públicos.

QUEREMOS UNHA ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL MÁIS EFICIENTE, PRÓXIMA E MODERNA

  • Impulsaremos a calidade dos servizos municipais.
  • Apostaremos polos nosos recursos humanos, a mellora das súas condicións de traballo e cualificación profesional.
  • Facilitaremos a atención integral á cidadanía a través da posta en marcha da Concellaría de Atención Cidadá.
  • Implantaremos no concello un sistema de tramitación administrativa: Concello Aberto 365/24. Os 365 días, as 24 horas.

QUEREMOS UN CONCELLO PARA VIVIR, CUN URBANISMO ORDENADO E RESPECTUOSO CO MEDIOAMBIENTE

  • Someteremos a información pública os convenios urbanísticos e as actuacións de modificación puntual do PXOM.
  • Procuraremos parcelas axeitadas para infraestruturas educativas, sanitarias e de tipo social necesarias para Ames.
  • Aumentaremos os espazos recreativos e zonas verdes.
  • Crearemos un banco de vivenda para alugueiro social.
  • Reforzaremos a atención e a axuda municipal contra os desafiuzamentos.
  • Fomentaremos o aforro enerxético cunha auditoría da rede eléctrica e rematando polo cambio a lámpadas LED.
  • Promoveremos distintas bonificacións nas diferentes taxas e prezos municipais.

QUEREMOS UN CONCELLO CON MÁIS INFRAESTRUTURAS BÁSICAS E MÁIS DESENVOLVEMENTO RURAL

  • Elaboraremos un Plan Estratéxico de mantemento das infraestruturas municipais.
  • Poremos en marcha o aplicativo “O Veciñ@ Informa”.
  • Traballaremos na continuación da instalación da rede de saneamento o abastecemento de auga do concello.
  • Xestionaremos a apertura do cemiterio municipal.

QUEREMOS UN CONCELLO COMPROMETIDO COA IGUALDADE DE MULLERES E HOMES E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

  • Estableceremos campañas de sensibilización nas que se fomente o reparto igualitario do traballo no ámbito doméstico.
  • Loitaremos contra a violencia de xénero.

QUEREMOS UN CONCELLO CON MÁIS BENESTAR SOCIAL E CALIDADE DE VIDA

  • Seguiremos apostando polos programas postos en marcha nos anteriores gobernos socialistas, centrados nos seguintes ámbitos: Educativo, Lecer e Terapéutico co Programa Amessan.
  • Reforzaremos os programas de conciliación familiar ao tempo que introduciremos bonificacións progresivas no seu custe.
  • Retomaremos a posta en marcha do Servizo de Atención ao Inmigrante (SAMI).

QUEREMOS UN CONCELLO CON MELLORES DOTACIÓNS SANITARIAS E MÁIS SAUDABLE

  • Esixiremos a mellora do centro de saúde de Bertamiráns.
  • Traballaremos na consecución do novo centro de saúde do Milladoiro.

QUEREMOS UN CONCELLO QUE APOSTA POLA EDUCACIÓN DE CALIDADE

  • Impulsaremos a creación do Consello Municipal de Educación.
  • Elaboraremos un estudo sobre as necesidades educativas no concello, de cara a acadar novas parcelas para ofertar a construción de novos centros educativos no Milladoiro e en Bertamiráns.
  • Apoiaremos a posta en funcionamento da escola de nais e pais.
  • Apoiaremos ás ANPAS e equipos directivos de centros nas reivindicacións ante a
  • Consellería de Educación a través do Consello Municipal de Educación.
  • Promoveremos a implantación dunha sección da Escola Oficial de Idiomas en Ames.

QUEREMOS UN CONCELLO CON MAIS EMPREGO E MÁIS EMPRENDEMENTO

  • Impulsaremos as competencias da Concellaría de Comercio, Promoción Económica e Emprego.
  • Potenciaremos a Mesa Local do Comercio.
  • Potenciaremos o comercio de proximidade.
  • Recuperaremos e poñeremos en valor o viveiro de empresas.
  • Impulsaremos o Servizo de Orientación Laboral.

QUEREMOS UN CONCELLO CON MÁIS CULTURA

  • Impulsaremos o tecido sociocultural.
  • Poñeremos en valor o servizo de normalización lingüística na defensa e mantemento do galego.

QUEREMOS UN CONCELLO CON MÁIS POLÍTICAS DE XUVENTUDE

  • Potenciación do Asociacionismo Xuvenil.
  • Elaboraremos programas específicos de ocio e tempo libre: Crea o teu ocio.

QUEREMOS UN CONCELLO QUE APOSTA POLO DEPORTE

  • Poñeremos en marcha o Consello Municipal de Deportes.
  • Facilitaremos apoio e axuda ao deporte feminino e a celebración de competicións deportivas femininas.
  • Potenciaremos as escolas deportivas municipais de calidade.

QUEREMOS UN CONCELLO QUE APOSTA POLO TURISMO E A PROMOCIÓN DO SEU PATRIMONIO

  • Poñeremos en valor o Camiño de Santiago.
  • Crearemos a Mesa Técnica Local do Turismo.
  • Implantaremos un programa de limpeza e conservación de todos os elementos patrimoniais municipais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *