O Grupo Socialista pide a dimisión do alcalde pola súa incapacidade nestes 18 meses de goberno

Concello_Ames

A Agrupación Socialista de Ames esixe a dimisión de Alcalde Santiago Amor pola súa manifesta incapacidade para gobernar o Concello neste máis de ano e medio. O voceiro socialista argumentou once razóns, as mesmas que o número de concelleiros do actual goberno local, que amosan que neste tempo o Alcalde Santiago Amor non estivo a altura do seu cargo: “non foi quen de resolver problemas, senón o que está a facer e crealos” interpélalle José Miñones, quen antes de empezar coas súas argumentaciones peidulle ao actual rexedor de Ames que asuma a responsabilidade do seu cargo, tras máis de 18 meses de desgoberno: “nos asumimos que perdimos asuman vostedes que gañaron e deixen de culparnos de todo, olvídenos. Leva 18 meses gobernando”.

Entre as once argumentacións que alegaron os socialistas amienses está a desacción das súas funcións coma alcalde de Ames, pedindo aos demais que solucionen os problemas do municipio que dirixe: “fixoo cos doce traballadores do Concello que durante un tempo corriron o risco de quedarse sen o seu posto de traballo, e co problema do lixo” lembra José Miñones. Problemas que non soluciona e que deixa.

Outra das argumentacións e falla de diálogo coa oposición a que non convoca a Xunta de Voceieros e a que non lles facilita a información a que ten dereito por lei: “Non coida as formas, o podemos ver en moitos asuntos como o do lixo, o plan de axuste, a conta xeral… Busca o xeito de non deixarnos tempo para poder preparar os temas” argumenta o voceiro socialista. Dita incompetencia reflíctese especialmente na materia económica: “criticamos o Plan de Axuste, porque suporá pagar cada ano e durante 10 anos 60.000 €, un total de 600.000 €. Hipoteca ao Concello con medidas restrictivas para os seus traballadores e, veciños” asegura José Miñones, quen cre que “é incoherente que un goberno pida sacrificios aos seus cidadáns, subíndolle as tasas, os impostos… E que él mesmo non predique co seu exemplo baixándose os seus salarios”. A Agrupación Socialista de Ames pedíulle ao goberno local que baixara o salario dos concelleiros un 10%, e as dedicacións de 3 a 2: “Somos bos pedindo, pois non é para tanto” argumenta o voceiro socialista, para quen o Alcalde Santiago Amor é totalmente insensible coa situación de crise económica dos seus veciños.

Tamén en materia económica, José Miñones critica a falta de planificación do actual goberno que aprobou os orzamentos a tres meses de rematar o ano, en outubro: “e despois de moitos avisos” asevera: “o mesmo sucedeu coa conta xeral, cuxo prazo rematou en marzo e por non presentala en tempo lle retiraron aportacións do Estado”. A incompetencia do alcalde Santiago Amor chega ata tal punto que non foi quen de presentar uns orzamentos, a pesar de que a súa chegada ao goberno anunciou que sería unha prioridade do goberno popular amiense.

Outra das razóns da Agrupación Socialista de Ames para pedir a dimisión do alcalde Santiago Amor é a situación insostible de crise interna que vive o goberno popular dende fai meses. Situación que quedou plasmada durante o Pleno Extraordinario no que algún dos concelleiros do goberno deu evidentes mostras de incomodidade e insegurirade á hora de votar a creación da Mesa de Negociación do Lixo.

Os Policías fan de porteiros

Moitos veciños de Ames quedaron sorprendidos durante o pasado Pleno Extraordinario do Concello ao descubrir que a Policía Local deste Concello facía labouras de porteiros. Ata seis axentes de policía se xuntaron no Pleno de Ames, deixando aos veciños e veciñas de Ames totalmente desprotexidos. Unha situación que chamou a atención aos veciños, alí reunidos, que se preguntaban: ao servizo de quén está a Policía Local de Ames, dos cidadáns ou do alcade? Nesta situación quedou claro que ao alcalde lle preocupa máis a súa propia seguridade que a dos seus veciños.

O Pleno de Ames na Casa da Cultura estivo cheo e, por cuestións de seguridade os axentes da Policía Local deixaron fóra a preto dunha treintena de persoas coa choiva que estaba caendo, moitos deles veciños maiores de máis de 50 anos. O motivo coma sempre foi o informe técnico baseado na propia seguridade dos cidadáns. Unha seguridade que non primou na Gala do Deporte de Milladoiro, e noutras actividades na que o goberno local non ten ningún problema coa afluencia de público. Nesas actividades se agradece a afluencia masiva de veciños, ainda que esté por enriba do permitido e da súa seguridade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *