O Grupo Socialista pide unha auditoría do estado do alumeado público e un estudo de situación dos contenedores


A través de dous escritos presentados polo Grupo Municipal do PSdeG-PSOE solicitan que se revise o estado da rede de iluminación municipal e a dos contenedores de recolleita de lixo e outros residuos.

Esta solicitude xurde a raíz das visitas realizadas ás parroquias amienses e aos encontros con distintos colectivos veciñais nas que foron numerosas as queixas relacionadas con estes servizos tan importantes e necesarios.

O Grupo Municipal Socialista vén de solicitar por escrito que se revisen servizos tan importantes para o concello como son o do alumeado público e o relacionado coa recolleita de lixo e outros residuos. Esta solicitude xurde a raíz das visitas realizadas ás parroquias amienses e aos encontros con distintos colectivos veciñais nas que foron numerosas as queixas relacionadas con estes servizos tan importantes e necesarios.

Auditoría da rede municipal de alumeado
Polo que respecta ao alumeado público a solicitude realizada xira en torno a dous aspectos, por un lado a revisión do alumeado existente no cal se teñen detectado numerosas farois que non funcionan ou que a intensidade lumínica que proxectan é escasa, ao que hai que engadir que son moitos os báculos e soportes que se atopan en mal estado e que xeran un risco importante en varios casos, tal e como temos denunciado xa mediante fotografías de lugares e situacións concretas. Por outra banda, tamén responden os socialistas con este escrito a unha demanda realizada por veciños e veciñas de lugares como Covas, Eirapedriña, Oca, Raíces, etc. Que solicitan puntos de luz e alumeado en zonas que na actualidade non o teñen e é necesaria a súa instalación.

É por esta razón pola que os Socialistas de Ames lle piden ao goberno municipal que realice unha auditoría xeral da rede de alumeado público, e ademais propoñen que para este exame da iluminación insten á colaboración da Xunta de Galicia, a cal por boca do seu presidente –Núñez Feijóo- anunciou días atrás que a comunidade colaboraría cos concellos que o solicitasen a súa colaboración para realizar controis e estudos da situación.

Ubicación e colocación dos contenedores
Tamén se preocupan os socialistas, noutro escrito presentado, pola colocación e o estado dos contenedores de recolleita de lixo e outros materiais, facendo especial fincapé nos de vidro e papel, xa que son varias as queixas polas que os veciños e veciñas reclaman o incremento dos mesmos.

En parroquias como Agrón, Tapia, Trasmonte ou Bugallido piden que se coloquen máis contenedores, por iso apuntan os socialistas no seu escrito que se debe de realizar unha revisión ou estudo da ubicación dos contenedores e de que tipo son. Estudo, propón o Grupo Socialista, que contemple, por un lado a súa situación para que non ocasionen problemas de visibilidade para a circulación, molestias aos veciños e veciñas, … Por outra, que a revisión contemple o estado no que se atopan, xa que existen contenedores en mal estado e os que é necesario substituír. E por último, que este a análise de ubicación contemple as necesidades e peticións realizadas polos diversos colectivos e particulares.

Para concluír, os socialistas preguntan se existe xa algún tipo de estudo en profundidade que localice a situación dos diferentes tipos de contenedores nas parroquias, e se este estudo fixa nun mapa esta localización. Consideran que este tipo de estudos e documentación axuda enormemente ao estado de situación para a posteriori realizar unha planificación seria e rigorosa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *