Campo de fútbol de Bertamiráns

Os socialistas de Ames veñen denunciando publicamente nos plenos da Corporación as necesidades do campo de fútbol e o goberno só sabe dar largas

Desde o mes de marzo que aprobou a Deputación de A Coruña a realización das obras de mellora das instalacións non se fixo practicamente nada

Os Socialistas de Ames queremos denunciar o lamentable estado que amosou esta pasada semana o campo de fútbol de Bertamiráns, provocado fundamentalmente polo abandono e a desleixo do goberno municipal que preside Santiago Amor.

Este fin de semana, especialmente o sábado, o campo amosaba un estado de encharcamento case xeral pola falla de mantemento e dos coidados mínimos que requiren estas instalacións e ás que o concello non lle fai fronte dende hai meses e deixa que se vaian deteriorando e abandonando.

Son coñecidas por todos as necesidades que está a reclamar o Bertamiráns CF de maneira reiterada, e que o Grupo Socialista vén denunciando pleno tras pleno, pero ante estas denuncias e rogos constantes dos socialistas só se obteñen largas e falsas promesas por parte do Partido Popular e da concelleira delegada, Mª Eugenia Martin. O peche perimetral do campo de fútbol, a mellora dos vestiarios, a ampliación da cantina, etc. son algunhas das variadas necesidades que reclama durante xa fai tempo a dirección do Bertamiráns CF e que ao goberno municipal non lle da a gana de realizar, a pesares que desde o mes de marzo se aprobaron estas obras pola Deputación Provincial de A Coruña.

O equipo do Bertamiráns CF está actualmente na Terceira división, pero ademais hai que ter en conta que o gran éxito deste equipo radica na canteira e nos varios centos de rapaces que xogan ao fútbol, e polo tanto practican un deporte. O Fútbol base do Bertamirans move a centos de familias de Ames e son un orgullo para todos os que residimos en Ames. “Non se pode tolerar a estas alturas que por uns días de choiva os rapaces se vexan imposibilitados a practicar o deporte ante o lamentable estado do campo completamente encharcado pola falta de mantemento por parte do Goberno, e menos tolerable aínda é, que os vestiarios estean completamente colapsado de auga pola falta de actuacións” afirma Miñones. O concello de Ames, con Santiago Amor á cabeza, debe dedicar máis atención e prestarlle máis interese, tanto a este club como a outros moitos que existen, afortunadamente no noso municipio, e polo que nos sentimos orgullosos.

Que a pasada semana varios grupos de nenos que pertencen ás categorías inferiores do Bertamiráns CF non lograsen desenvolver plenamente a súa actividade deportiva, e incluso non puidesen ducharse nos vestiarios porque estaban inundados, é un claro exemplo do desprezo que amosa o PP de Ames polo deporte e as entidades deportivas; e, ademais de amosar o abandono e o desleixo, como xa dixemos anteriormente, tamén amosa ben ás claras o descoñecemento e a ineptitude tanto do alcalde como da concelleira delegada de Deportes, que non lles guste o fútbol non é xustificación para cumprir coas súas funcións, porque se actúan deste xeito co club máis grande e importante do concello de Ames, como será o desprezo que practican co resto?

A importancia de apoiar o deporte
Os Socialistas entendemos que o deporte é unha das bases da educación futura dos nosos fillos e fillas, e polo tanto apostamos por elo e criticamos duramente o que este goberno está a facer nos últimos tempos; primeiro co cambio da xestión das actividades deportivas a unha empresa con unha das peores notas de calidade, e agora, co abandono e parálise no mantemento das instalacións deportivas. Son moitos os usuarios, xogadores, monitores e familiares, que se queixan da entrada terceiromundista ao campo de fútbol co que conta o Bertamirans CF, con farois sen luz, árbores rotos, céspede embarrado e totalmente encharcado os días de choiva, que por desgracia en Ames son moitos. O alcalde Amor e a concelleira de Deportes fan oídos xordos á cidadanía e ao Grupo Socialista que o vimos denunciando en numerosos plenos.

Esperamos, que unha vez mais e coma noutras moitas ocasións, o Goberno de Amor se poña a traballar a raíz desta denuncia e comence os traballos de adecuación do campo de fútbol que conta cos fondos da Deputación dende hai tempo, e arranxe as moitas deficiencias da entrada e dos vestiarios, ase como do problema da auga